Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Sempre que baixo a quirófano pra facerme unha biopsia ou un cateterismo, lévome un libro. Normalmente hai que agardar unha hora, máis se hai unha urxencia que adianta a todos. É unha forma moi útil pra evitar nervios e que o tempo pase máis axinha. Estar alí, no leito e arrodeado de pacentes na mesma situación, faise moi magoante. Case todos están paralizados polo medo e ningures quere establecer conversa.
E así estaba eu cando detectei que alguén me ollaba: unha doutora abraiado viraba a testa con intención de ler o título do libro.
—As vinte e catro categorías da poesía, de Se Kongtu— díxenlle —É un dos clásicos máis importantes da literatura chinesa.
—Miúda fricada.
—Non, senhora. Fricada é Netflix. Dá igual que sexades máis os que o vedes.
Nin sequera díxome adeus.
“Este libro ten máis de mil anos. Veremos onde termina Netflix dentro de dez”, dixen pra o meu coleto.
PP CHAS.
(TRADUCIÓN CEIVE AO GALEGO POR RUBÉM NOVO)