Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
A cousa normalmente vai así:
—Por que non les?
—É que non tenho tempo.
—Mais antes faláchesme dunha serie de televisión.
—Xa, mais é que estou moi canso coma pra abrir un libro. Ademais non podo concentrarme. Cando vou pola metade dun parágrafo xa me esquecín do que ía a cousa.
—Tal vez deberías ler máis amodo e voltar ao comezo cando te perdes.
—Si, mais é que ao final fico durmido. Ademais, de que serve ler un libro?
—Olla… ler un libro (calquera libro) o que primeiro te ensina é a escoitar. Cando estás a ler, en realidade estás a escoitar a unha persoa, unha persoa que ademais che pode estar a falar dende o pasado, un pasado de máis de tres mil anos. Canto máis les máis capacidade tes de entender aos demais, porque non todos falamos igual. Que non entendas a alguén non significa que sexa parvo ou se estea tirando o rolo de culturinhas.
—Pero eu xa leo.
—E que les?
—Leo no Facebook.
—Non… eu fáloche doutra cousa. Cando digo “ler” refírome a “sentarte a ler”; ponherte cun libro coma mínimo media hora. Poder permanecer en silencio escoitando unha mensaxe longa. Se non es capaz de realizar iste exercicio entón é que non sabes escoitar.
—E de que váleme iso?
—Pois te vale pra ter o teu propio criterio. Canto máis persoas sexas capaz de entender, máis ideas poderás contrastar e logo será máis doado que poidas emitir o teu propio pensamento. Pra aprender a falar, primeiro debes aprender a escoitar.
—Mais eu non quero falar coma un catedrático. Non quero parecer un pseudo intelectual. Por favor… que ridículo! Ademais xa sei o máis importante da vida.
—A vida non termina de entenderse endexamais, por iso non hai que deixar de ler. Que teñas a facultade de falar coma un catedrático permitirache emitir mensaxes complexas de forma sinxela. Que non che importe que digan de ti: “ise tío vaise de pseudo intelectual”. Normalmente, as persoas que o fan son “pseudo parvos” que, coma non son capaces de entenderte, proxectan toda isa negatividade en ti pra sentirse “normais”, mais en realidade saben que carecen de coñecementos, e avergóñanse diso.
—Non me estarás tentando convencer de que lea a Borges? Ise tío era un facha.
—Pois claro que era un facha, e Sartre cantaba himnos stalinistas. mais é que tes que estar por encima de iso. Borges e Sartre eran persoas coma ti e coma eu. Se temes que poidan “inocularte” algunha idea rara, leos aos dous e contrasta opinións. Non podes estar a ler sempre ao mesmo ou aos mesmos. Ademais tamén sería bo que leses algo de poesía.
—Ha non! Por aí non paso. A poesía non hai quen a entenda.
—É que a poesía non hai que entendela; a boa poesía hai que sentila.
—Olla, eu non vou ler a Lorca nin a ninghún deses mariposóns; non vaia ser que me volte maricón.
—Por ler a Lorca non te vas a voltar maricón, do mesmo xeito que por ler a Borges non te vas a voltar facha, nin por ler a Cervantes voltasches catedrático. O que si te aseguro é que se os les a todos, serás menos parvo, coñeceraste mellor, aprenderás a comportarte, poderás ir polo mundo sen facer o ridículo e serás máis ledo. Bos días.
PEPE CHAS.
Tradución ao galego ceive por Rubem Novo.

S.O.D. – Speak English Or Die (Full Album)

Band: Stormtroopers Of Death (S.O.D.)

Album: Speak English Or Die
Year: 1985
Genre: Crossover/Thrash Metal Country: USA
Lineup: Billy Milano– Vocals
Scott Ian- Guitars
Dan Lilker– Bass, Vocals (backing)
Charlie Benante – Drums, Vocals (backing), Guitars (lead) (track 6)
Track List:
1. March of the S.O.D – 0:00
2. Sargent D & the S.O.D – 1:28
3. Kill Yourself – 3:51 4.
Milano Mosh – 6:03
5. Speak English or Die – 7:35
6. United Forces – 10:01
7. Chromatic Death – 11:55
8. Pi Alpha Nu – 12:38
9. Anti-Procrastination Song – 13:48
10. What’s that Noise? – 13:54
11. Freddy Krueger – 14:55
12. Milk (Live) – 17:27
13. Pre-Menstrual Princess Blues – 19:21
14. Pussy Whipped – 20:41
15. Fist Banging Mania – 22:57
16. No Turning Back – 25:01
17. Fuck the Middle East – 25:54
18. Douche Crew – 26:21
19. Hey Gordy! – 27:57
20. The Ballad of Jimi Hendrix – 28:05
21. Diamonds and Rust – 28:11
22. Ram It Up (Inferno Cover) – 28:21

 

S.O.D. 

Fonte: Wikipedia (tradución ceive ao galego por Rubem Novo).

 

Stormtroopers of Death
Datos xerais
Origen Nova Iorque, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Información artística
Xénero(s) Crossover thrash
Hardcore punk
Período de actividade 1985 – 1986
1991
1999 – 2002
Discográfica(s) Nuclear Blast Records
Megaforce Records
Gueb.
Sitio web Página oficial
Membros
Billy Milano – Voz Guitarra eléctrica
Scott Ian – Guitarras
Charlie Benante – Bateríapercusión
Dan Lilker – Baixo

S.O.D. (Stormtroopers of Death, Tropas de Asalto da Morte) foi unha banda estadounidense de crossover thrash fundada no 1985 en Nova Iorque e disolta en 2002. Venderon máis de 1 millón de discos só nos Estados Unidos.

S.O.D. foi un proxecto paralelo no que traballaron membros de bandas coma Anthrax e Nuclear Assault, con tinguiduras de humor neghro, que se reagruparon de maneira esporádica pra gravar un novo álbum.

O seu primeiro disco Speak English or Die, un disco polémico por ser “politicamente incorrecto”, xa que os seus temas tratan asuntos sexistas e racistas en forma humorística, aínda que en comentarios dalgúns dos seus membros din que as letras de S.Ou.D son unha troula, que eles non son racistas, por exemplo na escrita da canción do mesmo nome do disco di nunha das súas estrofas:

“You always make us wait / Vostedes sempre nos fan esperar

You’re the ones we hate / Vostedes son os que nós odiamos

You can’t communicate / Vostedes non se poden comunicar

Speak English Or Die” / Fala inglés ou morre”

A canción “Speak English or Die” é parodiada pola banda Concrete sox, a canción parodia é “Speak Siberian or Die” (Fala siberiano ou morre), logo no ano 2000 a banda xaponesa Yellow Machinegun crea outra parodia chamada “Speak Japanese or Die” (Fala xaponés ou morre)

No seu terceiro disco “Bigger than the devil” que amosa na capa ao sarxento D (mascota de S.Ou.D) manexando a un human cunha corda cara a demonho cristián, a capa é unha parodia á do disco “The Number of the Beast” dos Iron Maiden, a única diferenza é con respecto ás mascotas.

Neste disco mantense a mesma trama de humor negro que caracteriza á banda dende os seus comezos e que o leva aínda.

En 2000 publicaron un sinxelo co título “Seasoning the Obese”, a súa capa é unha parodia ao disco da banda de thrash metal Slayer, “Seasons in the abyss”, iste sinxelo contén dúas cancións.

No ano 2001 publican a través de Nuclear Blast Récords o DVD “Kill Yourself – The Movie” cuxa capa tamén é unha parodia, especificamente do disco debut “Appetite For Destruction” da banda Guns n’ Roses

Historia

Despois de comezar o traballo en” Spreading the Disease”, Scott Ian púxose a debuxar imaxes dun personaxe conhecido coma “Sarxento D”, e istes debuxos adoitaba ter lemas coma “Eu non son racista, odio a todos por igual, así que fódete” ou “Fala Inglés ou Morre”, e Ian tamén escribía escritas sobor iste personaxe.

Scott Ian forma unha banda de hardcore baseado no “Sarxento D”, entón recrutou ao batería de Anthrax Charlie Benante, e ao ex-baixista de Anthrax Dan Lilker e de vocalista a Billy Milano.

En 1999 un segundo álbum de estudo fíxose “Bigger than the devil” no que mantén o seu humor neghro, no ano 2001 realizouse no DVD “Speak english or live”

No ano 2002 as revistas especialistas en Heavy Metal reportaron que S.O.D rematara debido a desacordos entre Scott Ian e Billy Milano. Ian e Benante voltaron a Anthrax e Milano continuou co seu proxecto M.O.D, Lilker seguiu con moitas outras bandas.

Un dato curioso en S.O.D é que sacaban disco cada 7 anos, e por iste motivo os fans da banda esperaban un novo disco no 2006.

PREME NA LIGAZÓM:

S.O.D. “Speak English Or Die” live at the Whisky a go go.

 

S.O.D – Live at Budokan – 1992 – Full Show.