Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

PAVA é a banda liderada pola escritora Lucía Aldao que conta con Analís na batería, David Santos no baixo e Pablo Silva na guitarra.
PAVA é o resultado da evolución de “Pava” (2021), o 1º EP de Lucía Aldao e de “Pava 2” (2022), unha segunda incursión que puxo de manifesto a necesidade dunha banda para consolidar o proxecto.
Premio Martín Códax na categoría de pop/indie en 2024.
 

Mira mira mira que bonitura escura e tamén escintilante a portada de PAVA 3!
A foto analóxica incrible é cousa da gran @beasaians , e eses paralelos fulgurantes que lle vedes aí saíron porque quixeron, e foron un agasallo da luz que moito nos gustou!
O deseño de cartel é do gran @diegodelgado , sen o cal non existiría isto tan chulo que está a ser PAVA ♥️
Pero espera, espera, que aínda quedan monadas por anunciar antes da saída das cancións que faltan de PAVA 3 o 19 de decembro!
Bicos ilusionados de Analís, David, Pablo e da da foto 🌈💕
PREME NA LIGAZOM

Unha cadela chamada “Por favor”, PAVA (feat Gloria Pavía)

Unha cadela chamada “Por favor” pertence ao terceiro EP de PAVA. O preciosísimo vídeo é cousa (fina) de Martiño e Antón, e gravámolo no estudio de Ju a mañá de outubro que veu Gloria a cantar. E que ben cantou.

@somospava é a proposta musical da poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao. Un directo eléctrico e pegadizo que vai da psicodelia ao pop rock máis alternativo con tintes de crúas guitarras velvetianas.
Analís Guillín (batería), Pablo Silva (guitarra) e David Santos (baixo) acompañan a Aldao neste proxecto musical expansivo.
PAVA NO GUIÓN CLUBE (PONTEDEUME, GALIZA)
VERBAS DO
A desfrutar no Festigal das atuações de Pava (o último projeto musical da @lucialdao ) e @donicelas_folk
FOTO CABECEIRA DA MAN DO FACEBOOK PAVA
A última PAVA
(Verbas de PAVA)
MÁIS INFO
O Himno Da Lesión