Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

LITERATURA−FICCIÓN−REALIDADE?
REVOLTANDO Á ARTE DE TROBAR
(LOURENÇ’ AIRAS VASTIA)

Notas cantiga 1: loaira (raio ou raios de sol que xorden entre as nubes cando o ceo está cuberto, intervalo de sol)

Loaira velida
lumea a baía.
Mar do Hío, mar do Hío!
Meu destino, meu amigo!

Loaira da alba,
mandei fazer barcas.
Mar do Hío, mar do Hío!
Meu destino, meu amigo!

Lumea a baía
a luz d’ ardentía.
Mar do Hío, mar do Hío!
Meu destino, meu amigo!

Mandei fazer barcas,
por unha nova alba.
Mar do Hío, mar do Hío!
Meu destino, meu amigo!

Notas cantiga 2: u (onde), garcetas (trenzas), sedia−m’eu (estaba eu), cuidava (pensaba), i (aquí), ca (por que), mao pecada (malpocada), atendendo (esperando), ei migo (teño comigo)

Na ermida de Samertolameu,
u con garcetas e alfaias sedia-m’eu.
E no alt’os estorninhos voando,
tragedes-mi do meu amigo mandado?

Vi jograres e cetreiros,
amigos nos bidueiros.
Johan de Cangas cantava
cantigas de namoradas.
Eu cuidava no ben seu

na ermida de Samertolameu,
u con garcetas e alfaias sedia-m’eu.
E no alt’os estorninhos voando,
tragedes-mi do meu amigo mandado?

Eno sagrado, ergueitos,
marinhos do Rioesteiro;
sas namoradas bailavan,
mentr’eu per ti aguardava.
Eu cuidava no ben seu

na ermida de Samertolameu,
u con garcetas e alfaias sedia-m’eu.
E no alt’os estorninhos voando,
tragedes-mi do meu amigo mandado?

Ai, Deus! Ca confiei vel’i?
Olhos meus choran per mi,
mao pecada ja m’eu sinto,
atendend’o meu amigo!
Eu cuidava no ben seu

na ermida de Samertolameu,
u con garcetas e alfaias sedia-m’eu.
E no alt’os estorninhos voando,
tragedes-mi do meu amigo mandado?

Ai, Deus! fremosa eu fui
d’alfaias, garcetas, oj’i,
maior coita non ei migo,
senheir’estou, en Vilarinho!
Ja lhi non querrei o ben seu!

Na ermida de Samertolameu,
u con garcetas e alfaias sedia-m’eu.
E no alt’os estorninhos voando,
tragedes-mi do meu amigo mandado?

Saúde e océano!

PREME NA LIGAZÓM:

https://www.facebook.com/lobo.ouveador/videos/1237107149973849/

 

https://www.facebook.com/lobo.ouveador