Moi boas familia!
Hoxe quero compartir un pensamento con vós.
Son unha rapaza da aldea, sen moitos estudos, e onde medrei non se falaba outro galego que o misturado con castrapo.Poño mal os pronomes, falo e escribo como podo, no idioma que sei.
Nunca me fixeron sentir inferior os casteláns falantes, o contrario, en Viladecruces se falabas castelán eras de Madrí.Os 11 anos falei castelán cun señor inglés que non entendía nin sequera o castelán moi ben, meus pais asombraron de que o fixera, mais como lles dixen a eles, levo toda a vida vendo a tele en castelán.
Por unha parte quero expresar o meu amor pola lingua herdada de meus pais e avós, do castrapo para algúns.Que para min foi sempre o meu galego.Con gheada, seseo, e pronomes mal postos, con cuchilo e tixeira,con ghracias e miles de patadas ( para algúns) a unha lingua que eu amo, respeto e preservo falandolla as miñas fillas,facendo o posible por presentar, cantar e escribir nela.Todo o k fago en proxectos con Mulleres Galegas Kañeras Galiza Metálica , Ghallaecia Metalfest, Contacontos en galego , Acouga,sosego en galego ,colaboracións con Rouco Son , GZmúsica, Sons de Breogán ou cos grupos musicais nos k participei de Meigha Grupo , Raíñas , Nao, Os John Deeres , A banda da Loba .
Fago sempre dende a miña visión de persoa humilde, sen mais pretensión k potenciar a lingua que coñezo, a xente do meu arredor e que as miñas fillas poidan seguir amándoa.
Sei que o que fago non é moito, pero leo en galego normativo, e procuro falalo o mellor que podo.De feito cando locuto para Anaya descubro expresións e palabras que na miña vida nin utilizo, nin utilizarei.E as veces reflexiono se fago ben en facer todo isto, cando moitos e moitas poden quedar ofendidas por utilizar eu un galego tan de rúa.E se sería mellor que non fixera nada, por medo a facelo mal.Se tería que aprender a falar para poder falalo.
Mais sabedes, para todas e todos aqueles que creedes que falo mal a miña lingua, decirvos que o importante e falala.Que potencio o que podo o seu uso, e que seguirei a facelo, sen ser perfecta, sen falalo ben, normativamente .Pero son moitos anos facendoo “malos vícios” e xa lle collín agarimo a moitos deles.
Asi k a todas e todas os que non o falades por medo a facelo mal, decirvos que non deixedes que vos intimiden.Que a lingua e vosa, nosa e que a medida que se fala medra, e non pasa nada por non ser perfectos.A gran Rosalía metía zocas, e coma ela outros grandes defensores da lingua.E aínda que defendo a unidade da lingua, e o uso dos lusismos, e a cona bendita como dirían na miña terra, o mais importante e darlle vida e que medre nas novas xeracións e a practiquen as de agora.
Cando falo con alguén so quero que lle chegue a mensaxe, e se por riba fagoo nunha lingua que me acompaña dende pequena, mellor.Deixemos de facer sentir mal a xente por como fala, e falemos con amor e respeto, que creo que é o mais importante.
Apertas, abrazos e moitas grazas .