Aki lendo un rato na horta a Metal Hammer Spain a reportaxe que nos fixeron as MGK.
Asi de pronto decirvos que para o ano levarei 10 anos visibilizando mulleres galegas kañeras.Un proxecto que me permitiu coñecerme mellor e coñecer a grandes persoas.
Despois de horas interminables subindo publicacións, etiquetando a xente ,entrevistando pola radio ou en vídeo ou facendo reseñas para medio de prensa, sempre no meu corazón esta MGK.Cada muller é diferente a súa experiencia serve para que outras teñan referentes.Porque axudar as demais para que poidan brillar fai posible un futuro mellor para todas e para todos ao fin.
Como diría miña nai: Filliña pero eso dache cartos?
A miña resposta sempre é: non, fagoo porque quero.
Asi k o dito para o ano toca celebrar a nosa década MGK, Mulleres Galegas Kañeras grazas a todas e cada unha de vós porque sodes unhas cracks!