Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Recibo con moita tristeza a noticia do falecemento de Xose Ferreiro Garea, músico compostelano e membro fundador do grupo NHU.
Coñecémonos personalmente en 2014, cando estaba ás voltas coa reedición do único disco desta formación galega que figura entre os grandes traballos do rock progresivo internacional.
O meu vínculo con eles viña de atrás, dos anos 70, de cando Nonito Pereira Revuelta, puxo en marcha a súa productora discográfica Abrente, berce deste álbum, e doutros esenciais da música galega como Fonte do Araño, Milladoiro, Porque no mundo menguou a verdade, Soio un sono…
Recordo o noso primeiro encontro onde tamén estaba o seu irmán Xullo, a quen envío un fondo abrazo. Con gran agarimo e afabilidad empezaron a contarme anécdotas do grupo, e mentres avanzaba a conversación ía descubrindo que a incrible historia de NHU merecía ser coñecida e recoñecida.
Moitas veces preguntáronme polas cancións máis representativas do rock galego, e “Na terra do verde chan” sempre está entre elas. Sirvan estas palabras como recoñecemento e homenaxe a quenes, presentes e ausentes, fixeron posible que hoxe podamos seguir gozando das cancións de N.H.U. (Una Hermosa Noche, ao revés) N.H.U

NHU – NHU (Álbum completo)

(Foto cabeceira NHU da man de https://vinyltribes.com/)