Paraíso Dixital
Cando o meu Ítaca parézase a Nova Iorque,
E as sereas borborinhen fugas de Bach,
Cal Odiseo,
asirei con forza o meu cetro de coltán.
Non saberei ollar o óxido nos meus ósos,
mais aínda lembrarei de tódolos contrasinais.
Que ben mo pasarei antes de o meu Waterloo!
Que pándengos serán os meus derradeiros cen días!
Veredes mil paxes cos seus agasallos
E unha rabanha de camelos polas avenidas.
Ordenarei unha comanda de pizza siciliana,
E quebab pra tódala veciñanza.
Benzoarei con xenerosos donativos a toda ONG,
E a axencia tributaria perseguirame. Xa o ollarás!
Serei Casanova en todo portal de citas
E Berlanga urdindo comedia en Plan.
A minha prole, coma Xudas, renegará da miña,
E polo meu legado ninguén se pelexará.
Probablemente xa non lembre nin o meu nome,
mais si este belo País
parco de Ítacas,
mais infestado de Odiseos,
que alzando os seus cetros,
Nacarados de coltán,
Ceives pululan
No parnaso ou no Edén
Do paraíso dixital.
©París Joel
(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).
CASTELÁN.