Apaches
Fumos por sempre apaches,
Foraxidos sen Bonanza,
Perdemos o medo ó lobo,
Que voltou á Terra parda.
Da Casa do Reloxio
Levamos a Nocilla,
E das augas de Cousteau
Secounos María Luisa.
Cun mostacho de Torete,
Mercamos campás de pana,
A auga de fogo, Four Roses,
o Corvo Inxénuo, Mandrágora.
Dos Ríos fumos Benvidos,
Dos mares, semente branca,
E da Colza e McMillan,
Simplemente, resaca.
Agora, na reserva,
Entre fiestras e mazás,
No peto unha cadea, e
Por libro unha faciana…
Roubáronnos a dozura
De ser, simplemente apaches,
Amigos
a pedradas.
©Paris Joel