Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

PARIS JOEL gabando ao cantautor de Sada por Rubém Novo, un roqueiro de As Atochas – Monte Alto (A Crunha).

.

VERBAS DE PARIS JOEL:

paris.joel.1

Una vez, mi amigo Rubén Novo de empuje. net, me dijo que ya tenía edad para ser alcalde, y resultó profético, sí, es cierto, me presento a alcalde de Sada.

Estas verbas de Paris Joel dunha cousa que penso dende fai moito, xa fai uns anos desta parola Rubém Novo – Paris Joel. Só dicir, que a un enfermo do Rock n´roll coma min, Paris Joel (o binomio Paris Joel – César de Centi) som TODA unha inmensurábel influenza na minha vida; musicalmente non mais eticamente som toda unha escola de coherencia, dureza, valentía, afouteza… dos que poñen a facíana nas situación duras, inxustas, chungas e non pasan.
No universo do Rock aí moitos estilos moi radicais, alghunas bandas metaleiras falan de Satán, Belcebu (o nome xudeu de Baal, o deus dos fenicios ao que queimaban vivas críanzas), Lucifer, Belial, Díanho, Demonho… alghúns ata din que falan con il (si, il, varíante dialectal das terras de Lugo, Grazas Mestre Xoán Abeleira). The Sex Pistols falaban do Anticristo “eu som un Anticristo /e som tamén un anarquista” mais neste mundo terreal, galaico, As Marinhas, A Crunha, “La Coru”… cando as cousas fódense, onde están isas bandas radicais, da igual o estilo: Metal, Punk, Rock duro, o que sexa, ONDE? e Satán? Eh neno, ves a movida? Non, non, eu Satán de nome so, e alí estarán Paris Joel e César de Centi. Cando o Rei de Persia, Xerxes, invade Grecia (A Helade) cun inmenso exercito , 200.000 homes, crese que o maior exercito xuntado ata ise momento na historia da humanidade, perguntoulle a un dos reis de Esparta (Esparta tinha dous reis) botado do poder e ía con Xerxes pra voltar o poder na Esparta; o rei Demarato, Xerxes díxolle quen tería valor en Grecia pra enfrontarse ao seu exercito, il díxolle “dos demais gregos non sei, mais os espartanos, aínda que non sexan máis que cen, agardaran co seu escudo e lanza dispostos a loitar” Xerxes, non o podía entender, “van a unha morte certa, porque o fan?” o rei espartano Demarato díxolle “porque a lei o manda” e Xerxes, riu, riu e riu, duns homes que ían a morte porque a lei o mandaba!!!
As persoas das que falo, xa sabedes quen, loitan contra as inxustizas, porque a lei o manda, a lei? A SÚA LEI, a súa coherencia brutal, a súa ética, o seu: non pasarei, FAREI.
Por iso som unha influenza brutal na minha vida e a minha laboura con Empuje.net.

Nunha conversa con César de Centi, xa fai uns anos, lémbrome que dicíame: “o valor de Empuje, agás a súa difusión de bandas, músicos, artistas, na música e outros eidos culturais e que Empuje fixo dúas cousas: propor  e proponher cousas, ise é para min o gran valor de Empuje.net. Unha das grandes cousas que dixéronme de Empuje (nado no ano 2000 coma un colectivo de cinco persoas e logo por outras persoas, o colectivo desapareceu no 2007 e ata iste 2023 comigo dándolle o pulo, cunhas colabouras fuxidías mais non esquezo a José e Laura, Aqueles dous rapaces que deron moita vida o proxecto e por cuestión laborais tiveron que ir por outros vieiros da vida.
Pois si, Paris Joel e César de Centi, dous persoas que non tenhen que amosar a súa coherencia brutal, xa se lles sente.

Iste humilde artigo sobor eles, e unha conta que tinha con iles; con isto non expreso toda a inspiración que déronme, moito máis vanme dar.
Apertas – fondas os dous.
Rubém Novo.

 

WWW.EMPUJE.NET.VI SADAUTOR.París Joel & Leiro´s Band.(SADA).

22 de febreiro de 2013.

La Terraza (Sada).

París Joel: Voz e guitarra.

Sergio Leiro: Guitarra.

Ton Leiro: Caixón.

Grabazóm por Rubén Novo.

 

WWW.EMPUJE.NET.VI SADAUTOR,César de Centí.(SADA).

22 de febreiro de 2013.

La Terraza (Sada).

César de Centí.

Sada.

Grabazóm por Rubén Novo.