Mididores de publico dos días santos
Nos postremeiros vexo por aí a unha chea de persoas moi preocupadas, preocupadísimas, por se hai xente nas festas. A ver, senhores e senhoras, xente haberá aínda que ponhas a xena romaní, o pianiño e a trompeta, porque por istas datas cuadriplicamos a poboación e as verbenas som polo balde. Cando unhas festas págaas o fisco público coma sucede na Sada grazas aos impostos que pagamos os sadenses o realmente importante é que istas festas cumpran obxectivos sociais, económicos e culturais, que nestas festas estean as tendas cheas, os restauráns a lume de biqueira, as terrazas ateigadas, os bares coa mercadoría esgotada, e que istas sexan un nexo de vencello entre todos os vecinhos, que interactúen as xeracións, que todos estean representados e festexados, que se xunten os amigos e as familias nun clima de pracenteira afabilidade e vecinhanza. Eu fun mozo nunha Sada onde estabas a desexar que chegase aquil amigo de Madrid ou aquil familiar afastado, onde se reunía toda a familia, onde te rías cunha xincana e onde o 15 de agosto no repouso da verbena era imposíbel tomar nada nas terrazas da Praia, sento non ter fotos, non existían os móbeis nin o Facebook, agora, todo é un encontro absurdo de fotos e vídeos pra ollar onde hai máis xente e quen a ten máis grande. Xente, xente, xente, unha cousa é a xente e outra as persoas, teriamos que ponher o foco nos verdadeiros problemas do pobo e deixarnos xa de babecadas, e se tan importantes som as festas asumide a súa organización e non a deixedes nas mans do político de quenda. Dito isto, ledas festas, desfrutade da familia e amigos. Ha, e se vos vence o estoxamento, ide pensando nos verdadeiros problemas do pobo : depuradora, transporte público, troco do centro de saúde, saturación do tráfico, falla de aparcadoiro, pista de patinaxe, vía Ártabra, rexeneración da praia, posta en marcha do Centro Ocupacional de Osedo, restauración da Terraza, comedores das escolas, servizos sociais, etc, etc, etc.
Coma xa sei que iso de sober vídeos de xente istá de moda déixovos o de onte da Panorama en Betanzos, que é parello a moitos de onte en Sada coa orquestra Olympus(é vrao, en todas partes hai xente) . Mentres o vedes preguntádevos se realmente iste é un tema de vital importancia pra o pobo e cantos vídeos hai por aí de restauráns cheos, comercios a lume de biqueira e todo o anteriormente exposto. Ledo Santo Roque! Bicos e apertas sen mesura.
Coma xa sei que iso de sober vídeos de xente istá de moda déixovos o de onte da Panorama en Betanzos, que é parello a moitos de onte en Sada coa orquestra Olympus(é vrao, en todas partes hai xente) . Mentres o vedes preguntádevos se realmente iste é un tema de vital importancia pra o pobo e cantos vídeos hai por aí de restauráns cheos, comercios a lume de biqueira e todo o anteriormente exposto. Ledo Santo Roque! Bicos e apertas sen mesura.
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIBE DA MAN DE RUBEM NOVO.
PREME NA LIGAZOM:
ORQUESTRA PANORAMA AO VIVO.