Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
 
A Agrupaçom Cultural O Facho de A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2017-18
 
Palestra
O vindouro dia 7 de Outubro do 2017 (Terça-Martes) às 8,00 do serám, o escritor, investigador e divulgador Antonio Reigosa intervirá dentro do CicloLíngua, Cultura e País. A sua palestra versará sobre “Galicia Encantada: A muller no imaxinario mítico-popular galego.
 
Antonio Reigosa
Zoñán, Mondoñedo, 1958. Responsable de Comunicación da Rede Museística da Deputación de Lugo. Cronista oficial de Mondoñedo. Membro do consello directivo da AELG, responsable da sección de Literatura Oral, creador do proxecto Polafías e coordinador das xornadas de literatura de tradición oral desde 2008 (10 edicións).
Escritor, investigador, articulista e divulgador en diversos medios  de comunicación e resvistas especializadas de literatura oral e mitoloxía popular. Autor de numerosos artigos e libros, membro do Comité de Expertos en investigación de campo Corpus de Literatura Oral’.
Creador e coordinador da enciclopedia virtual Galicia Encantada (www.galiciaencantada.com), proxecto de acceso libre en internet desde 2005.
Como escritor publicou varios libros de literatura infanto-xuvenil como Memorias dun raposoResalgario, Bacoriño, A escola de Briador, A noite dos pesadelos, Guía ilustrada da Galicia invisible, Lu e Go pola muralla, Trece noites, trece lúas. Libros das marabillas do Nadal, e, entro outros máis, Cuentos y leyendas de Galicia.  
É coautor con X. Miranda e X. Cuba de, entre outros, Dicionario dos seres míticos galegosContos colorados. Narracións eróticas de tradición oral, Pequena mitoloxía de Galicia, Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo e dos 20 volumes  de contos da colección Cabalo Buligán.
Entre os premios recibidos o Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho (1989), o Merlín (2008), o Raíña Lupa (2000), Irmandade do Libro (2013) e Mellor Iniciativa Bibliográfica 2016 (compartido con A. García Teijeiro) por Lendo lendas, digo versos (libro incluído na Lista de Honra do IBBY).
Blog: cadernodeantonioreigosa.eu