Nunca tapes os ollos cunha man
este volante sen freo e desinformado
pódeche cambiar
pero endexamáis paralizar.
Cartas de amor do meu puño e letra
dirixidas a única, a vida.
Non penses que me esfumei,
aínda que a sangue descanse
non abandonarei o fío de existir.
Cada pouco chégame correspondencia
esa que non se apalpa nin se ve
coa que almorza o meu corazón
e a diario segue a crer nel.
Foto: Juan Blanco
Tanto me ten o que digan de min,
pois eu só sei o que vivín.
A conciencia nada me ten que decir
e a min dame por rir e rir.
Chámanme o porvir
pois tantas veces non dou chegado
e xustamente permanezo alí.
Mañá?
Mañá ou será ou non.
Calquera cousa menos iso,
non agardo o para sempre nin moito menos o aínda.
As veces, tres son moito e pouco son tres.
Moito falar, pouco valer
ou tanto que aprender para despois saber.
Que máis me ten!
Que máis me dá!
Ou me doe ou me arrima a el.
Non hai un antes
nin menos un despois
nin o fin ten tempo
nin o rodar tropeza por parar.
Xirar e xirar como a vida mesma
nun globo da nada
ou do todo que é.

Son unha muller de pouco diñeiro
a cal ten unha única adicación.
Nacín pra vivir!
Máis non se presta esta única rolda.
Son minuciosa
un pouco atolada
tantas veces temorosa
algo romántica
e sobre todo leal a ti.
Non che pido que me agasalles tempo
pois ben sei que iso non é de rogar.
Senón quero recibir un gran de borralla por resposta
non che pregunto nin ata cando.
Temo o barullo de moitas palabras
fuxo do sermonizador
e o charlatán nin o poido aturar.
Quédome co que cavila
co que sente
con esa persoa sentida, sincera e cautelosa.
Temo que non se queira e se deixe admirar.
Din que o sinxelo non é visto polos ollos
que se agocha de toda tropa e máis,
se soubera que hai almas ceibas…
entendería que en terra chá tamén se pode nadar.
Luz de tantas cores
que alumía os que non usan os ollos
que cheira ben fronte os narices de tantos
e encandila os meus oídos.
Centellos de faíscas en coro
sumerxidos nesta pobre sociedade,
garabatos de gala para tantos transeúntes.
Que ben senta acougar, respirar e calar.
Que nada é como se di
pouco existe do que se ve
e do que se sinte…
quedarse co que apalpas nese intre
saboreando ata a derradeira sensación.
Sentarse encima dun penedo
co cú trillado pola súa natureza
pechar os ollos
abrir cada poro que vive en nós
e co cerebro en forma de sorriso
deixar o pescozo apousado nunha man amiga.

Que fermoso!
O doce sabor dun sorriso
a cor dunha mirada sen cortinas
o silencio de dous corazóns unidos
e o quererse sen barreiras imaxinarias.
Valioso agasallo que nos dá a vida!
Coma un tesouro arroupado pola terra
regado gota a gota cando o orballo
e a man de todo transeúnte neste curto andar.
Que vai ser senón o amor!
A paixón polo que latexas
a persecución dos soños soñados
a loita inagotable ante as caídas.
Quererse.
Amarnos.

Un día calquera érgueste e sae o sol.
Nada agardas nin a ninguén intentas asombrar.
Inspiras e éncheste do alento máis fresco dun novo día.
Sen parar, comezas a sorrir…
Pois cada instante vivido invade o nacemento dos teus pensamentos e sen piedade espremes cada gota que dá luz a túa vida.
(Xa pasara o basureiro a recoller o lixo).
Esqueces tantas cousas, tantas obrigas e tantas motas de pó que soamente es capaz de amar.
Sénteste como unha alma brava, indomable, ceiba e máis libre que nunca.
Non o sabes, pero estás ahí. Na parada que te leva o teu momento, o que está por vir.
BON DÍA!#TaniaYáñezCastro#

Esquézome.
O fregado está valeiro
eu sigo imaxinando
soa.
Que máis ten!
O ruído é habitual
os pantasmas non me dan medo
e ti,
onde estás?
Descalza ante a nada
arroupada por todo
a maxía nutríndose do desexo,
esa fonte inagotable
que me guía onda ti.
