Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
E busquei…
por cada corredor
en cada cofre tentei
mais non me decatei.
Erguín os ombreiros
sen divisar tal templo en min.
Saín
e busquei…
Agochei o ouro barato
esmiucei cada brillante
sulfatei a Terra de auga
e sen buscar
atopei…
A imaxe pode conter: océano, ceo, nube, auga, ao aire libre e natureza
Que a decisión de quedarse sentado
non faga pó das costelas
Que as bágoas derramadas
dean vida a pequenas bolboretas
Que cada palabra da túa boca
sirva de inocente encanto
Que a ti mesma bicarte
sexa mar, lume e aire.
A imaxe pode conter: Unha ou máis persoas, detalle e interior
Doume permiso.
Doume permiso pra abandoar
e seguir un camiño diferente.
Doume a liberdade dun non
e escapo do aborrecemento.
Doume a independencia dos pensamentos
sen importarme algún rexeito.
Doulle un descanso aos meus medos
e axudo a medrar os soños.
Doume o libramento de escribir poesía,
de pintar calquera trazo e de debuxar o meu mundo.
Doume permiso,
porque vida só hai unha
e esta é a miña.
Descrición da foto non dispoñible
Estremézome de gusto
cando escoito como escorregas
inúndasme de frescura e delicadeza
saúdas de novo benquerido outono.
Cantareiras as lonxevas follas
cheo de vida o verde prado
molladas ata as pestanas
o vento marca o primeiro paso.
#Outono#TaniaYáñezCastro#
Descrición da foto non dispoñible
As veces, un polo desplumado
outras en cambio, un lobo desaforado.
Se me sento nun penedo, un carneiro liberado
se nado en augas turbias, un delfín de sorrisos untado.
De todas elas…un ser delicado.
Se o outono cerra un ciclo e outro abre…
Pra que explicar o tesouro máis sagrado?
Espíritu galego,
por que derramas con tanto desgarro cada laio?
Eu…eu enténdote e aqueles tamén!
Tan só trinta anos?
Que a primavera e o outono…que!
Que dis que!
Non te apenes, non te deixarei morrer!
Acaso, ti, máis ti e ti!!!
Non sentides a tristura do sol?
E os choros desacougados das árbores?
Non vos doe a agonía do aire puro?
E que dicides do manto de luto que carga o noso mar?
Espabilemos desta enfermidade!
Ou ti, aquel e todos nos!
Remataremos por condenar o único tesouro!
Galicia, eu voute salvar!
Descrición da foto non dispoñible
Mirando ao fronte
entre miradas inocentes
no medio de sorrisos vergoñosos
saúdos con tímida distancia.
Mirando ao fronte
todas, almas famentas
pensamentos en branco
e os latexos ardentes.
A abella raíña está a vivir,
antonte firmou a renuncia do Castelo.
Agora vagamos todas ao mesmo compás.
E sabedes? Nunca vira día tan bonito!
Hoxe, un día calqueira
prometinme tomar
unha gran decisión.
Erguerme da cama
e perdoarme cada decisión
que por significado teña vida.
Ao fin, o mellor
é respirar tranquila.
A imaxe pode conter: 1 persoa
Tocoume amar a vida!
Amarei tódolos amores que me agasalle!
Saborear a ternura do gran penedo
sentir a mezcolanza do salgado co doce
latexar coas cóxegas das formigas
sacar os farrapos e vivir o frío.
Toca ouvear as doce da noite
e con forza espertar aos amigos veciños.
Finxamos morrer neste cálido ciclo,
vivamos con fidelidade,
amemos a namorada, a vida.
Lóstregos en descanso
bágoas baixo terra
o esquecido sempre por detrás.
Érase unha vez a xanela aberta.
A frescura abrazoume
e endexamáis mirei cara atrás.
Os ouvidos das lobas a coro
as crías lamidas polas nais
e a manada camiñando ao son da paz.
Descrición da foto non dispoñible
Oferta de tódolos días!!!
Non se pagan.
Recínbense as persoas con alma.
Sen envase.
Tan só teñen que respirar en calma.
OBRIGATORIO: autosanarse!
“Feirón pra comezar a vivir”
( Reparte a decisión de deixarse en paz a un mesmo)
Coas cóxegas entre o cabelo
e con pensamentos de sorrisos
mirando ao ceo…volto a casa.
Que máis dá o que dixen onte!
Extraviei a sola dos zapatos.
As veces noto o murmuro dos pasos
namentres outras, voio cos paxaros.
A verdade…
Non sei que vestido por hoxe!
O polen dame sono
as cores gústanme tolas e ácidas.
Se o penso demáis…
Esquecinme do que dixen ata agora!
Debe de ser que camiño coa cabeza
ou sinxelamente…
non tomei o café da badalada.
Descrición da foto non dispoñible
Onte a noite soñei contigo
e ata a boca me quedou seca.
Hoxe espertáchesme
e como explicar o que sinto.
Camiñar baixo a choiva,
empaparse de choros de ledicia,
encharcar os pulmóns de auga salgada…
Mais non poido.
Momentos que só se poden vivir.
Así é.
Como a poesía,
ou se derrama pola veas
ou deixa de existir.
Descrición da foto non dispoñible
Todo se conecta.
Os nós entrelazados
o día e a noite
as ganas e o brinco
o ruxido e as ondas.
Non me creas
tan só obsérvame.
A primavera florece dende as raíces
o sol quéncese e atafega a calor
ti mírasme e centella o amor.
Descrición da foto non dispoñible
Un día
cae a chuzos
o sol seca gota a gota
e esfúmanse os meus zapatos.
Un día
onde as noites son de aluguer
os días son de paso
renacen os xirasois da miña horta.
Máis preto
a historia dun novo libro
con nubes pintadas de cores
os pensamentos dunha rebelde meniña.
Descrición da foto non dispoñible
O tempo voia.
Coma un puñado de area que escorrega entre os dedos e sen mirar atrás deixa un novo valeiro.
O tempo vaise.
E que do momento vivido?
Ese que apalpaches con cada latexo do corazón!
Enrrugas marcadas na pel, lamentos pisados, sabedoría, sorrisos amamantados de vida…
E que do está por vir?
Non temer!
Próxima parada o agora, o momento está aquí.
A paciencia murmura,
preto anda o doce froito.
O cheiro achégase
o vivo calafrío renace
e o son dos apresurados latexados faise escoitar.
Tan longa se fai a espera…
Descrición da foto non dispoñible
Amañece.
Érgueste.
Coma unha abatida,
o vento en contra
o osíxeno véndese
e a fala perde cor.
Os sentimentos a pelexar
os pensamentos, en guerra
e as forzas desvanécense.
Tranquila…
A túa alma non te enganou
é a mudanza do teu crecemento,
o teu lugar estate a buscar.
Ano 2018
Descrición da foto non dispoñible
Tócame.
Agora é a miña quenda.
Deixar de castigarme
cando non é momento de sentir,
esquecer o papel
de comprensiva sen escoitarme a min,
abandoar o lugar
que habitei sen vivir
e moreas de pensamentos
que me ameazan sen fin.
Porque agora tócame a min.
Boto fora as condicións
reto o fervor do mal estar
rexeito os pensamentos
pois rebusco a paz.
Adobezo polo sabor das minucias
que empalagan o meu paldar.
“Polo meu eu en min”
Descrición da foto non dispoñible
As veces
non sintes a realidade
escorrégache dos ollos
escápache do corazón.
E as veces
doe, entristece
faise a víctima do desamor.
¿Negar a realidade
e agocharnos baixo a nosa sombra?
Ou comprender.
Pois, ¿por que non comprendernos
e asustar a pantasma da dor?
Menciñas de aloumiños ao propio amor.
Descrición da foto non dispoñible
As pedras non se mastigan,
a pereza dun estómago pesado.
A tenrura dunha alma despeiteada,
a xistra da vida batendo na cara.
A imaxe pode conter: Unha ou máis persoas e detalle
ENDEXAMÁIS ficarei unha man aos corpos malditos sen corazón…
¡Ata o arrepentimento sería despoxado ao inferno!
Mentes deprabadas, sangue callada, miradas asasinas…a miña terra voltará a respirar pero nunca esquecerá.
A imaxe pode conter: 1 persoa
Pasos con pegadas polo camiño
e as marcas no corazón.
Escrituras de vellas azañas
todas elas con amor.
E agora, aquí.
Recuberta da vida mesma,
chea de indecisións.
Namentres,
a vela segue acesa
e a coraxe da forza,
segue espida sen temor.
A imaxe pode conter: swimming, árbore, ao aire libre, natureza e auga
Embutida no deserto,
onde nace a prosperidade,
o esperanzado alento.
Unha nómada,
en busca de refuxio,
nas montañas sagradas.
Descrición da foto non dispoñible
Moitos deles
son paridos polas nosas mentes.
Moitos deles
medran a conta dos nosos medos.
“Vou gozar deste silencio namentres as miñas voces non me esperten”
A imaxe pode conter: interior
A teu mirar non me engana…
Estamos condeados a entendernos por vida.
(Esquivando tropezar. ¡Non quero que me reteñan!)
Rúa: “Espías tolos”
A imaxe pode conter: Unha ou máis persoas, xente de pé, people walking, ceo, nube, calzado e ao aire libre
Sensata
tola
soñadora
medosa
rara
pero un furacán de vida.
Namentres soñas…
¡Vives!
Saída máis próxima, por aquí.
“Entrega de vidas”
(Un privilexio pra os sumisos, os rendidos a non vivir)
¡Tan só os bravos!
Os nativos da indómita selva.
Os illados do veleno social.
Estes,
estes, non agonizan no intento.
¡Polas agallas da vida!
¡Polo amor silvestre!
Descrición da foto non dispoñible
“Porque non me gustan as medias vidas.
Porque emporcallarme ensíname o cheiro que non quero ulir.
Porque me gusta espirme fronte a mirada intensa do mar aberto.
Porque as verdadeiras almas…non teñen puntadas nin costuras.”
A imaxe pode conter: 1 persoa
E sentinme namorada cando a brisa me abrazou e o seu silencio a alma me nutríu…
A vida…saloucos de ledicia.
A imaxe pode conter: Unha ou máis persoas
Esta noite o ceo vístese de laranxa.
Non o intentes. Non fai falla descifrarlo pois sempre é el, o ceo.
A imaxe pode conter: 1 persoa
Voiar sen idade
voiar sen recordos
voiar sen pasado.
Espertar dun soño,
a libertinaxe da noite.
E pregúntome…
¿Cheira a vida distinta ao outro lado do muro?
“Fronte aberto”
Descrición da foto non dispoñible
Nin unha bagoa che caíu.
Liscáchesme.
Deixeite fuxir.
E agora aquí estamos.
Nun mundo que só nós podemos reter.
Descrición da foto non dispoñible
¿ Como pretendes voiar se estás a deixar que te arrinquen as plumas?
(Decateime e voiando fun tropezar no festín de cheiros novamente puros…😉)
A imaxe pode conter: Unha ou máis persoas, xente sentada, ao aire libre e natureza
(Permíteme comezar a min o relato…)
Troco sobrevivir por vivir.
Non vivas dando explicacións. Os que ben te queren non as precisan e os transeúntes non as cren nin as entenden.
“Namorada da vida”
A imaxe pode conter: 1 persoa, en pé e ao aire libre
A loita sen medalla
o berro exacto
o sendeiro, man segura.
Esa harmonía
que nace en silencio
nas pisadas da Lúa.
Mirácheste.
Sentícheste.
Arriscaches sen saber onde.
Descrición da foto non dispoñible
Aquí,
liberada da mentira,
refugado o que feríu a miña alma,
acampada,
baixo miles de estrelas,
voute bicar,
da máis calada de tódalas maneiras,
co meu único pensamento,
o sentimento…
A imaxe pode conter: Unha ou máis persoas e ao aire libre
(Eu cavilando…)
Non me porfíes quen son, nin me pidas que sega sendo a mesma.
Algo recoñezo nesta supervivencia.
Pra ser revolucionaria, debo crer nalgo. Naquilo onde nada hai que crer nin onde ninguén me vai comprender.
(Eu comezando…)
Romper as pequenas rutinas e gozar das cousas que me agasalla a vida.
“Voiando cos ollos pechos agarrada das miñas enerxías”

 Amo as persoas.

Esas que vibran
as que se alimentan da ledicia
leais
pecadoras con un perdón.
Eu,
deambulante sen calendario
viaxeira solitaria
rara empedernida
completa.
Así de tola,
mandeite os bicos máis profundos.
E ti seguías…
coa mirada resacosa
cos pensamentos embarullados.
A vida é así.
Todo se vai,
nalgún momento volta…
Pois as raíces,
non entenden a tódalas terras.
Descrición da foto non dispoñible
E sen querer, atopeite.
Nos meus soños imaxineite.
E cando as nosas miradas se tornaron
comecei a crer na maxia insensata.
¡Chamádeme tola!
Son unha actriz soñadora.
Afastado o meu destino da realidade
roubolle osíxeno as nubes namoradas.
Descrición da foto non dispoñible
Como un papaventos, xa me vou.
Conversas feiticeiras, non voltarán.
Tan fráxil e bondadoso: o bon querer.
Un intre que se sente ou non.
Unha viaxe en común que ata aquí chegou.
Baixo, ceibo a cabeza.
Topareime coa luz,
que o sol me dea nas meixelas
e o ventos me inviten a bailar coas estrelas.
¿A caso non me ves? Non buscaches o verdadeiro.
A imaxe pode conter: 1 persoa
Paseábanse dun lado pra outro,
espidas,
buscaban sen cesar.
Os seus corazóns en armonía
e a lencería sen estrear.
Mantíñanse en pé.
O seu desexo era erguerse,
seguir nesta aventura,
voiar por toda a vida.
A imaxe pode conter: Unha ou máis persoas
Anacos, migas dun pasado.
A pisada dun tren
o meu ser construído.
¡Senguinte vagón!
Mais hoxe ando por aquí.
Faíscas, escintileos con nova vida.
A pasos, percorro unha aprendizaxe.
Eu, un novo ser
o camiño dunha mellor vida.
Endexamais peches a porta.
Amarrarte a un recordo
desvanece a túa alma ata roubarlle a vida.
Descrición da foto non dispoñible
Hoxe pintei un ensaio e o mañá ensinoume.
O que sae dun, hai que coidalo, que os sentimentos deben andar espidos, que os desexos pódense disfrazar e que o que se deixa marchar, non volta a precisar máis do teu alento.
Por iso eu non marcho do agora.
Sego a facer bocetos, reparto apertas benqueridas , ao corazón destápolle cada sacudida, canda a saída do día soño sen cesar e por ti respiro sen medida.
“O momento perfecto é o momento”
Escarbando no intre,
atopei un sentimento.
Ceo aberto, nós no aire…
É o meu momento.
Pensar canda miña alma
subir de costas ao bulicio
aloumiñar aos viúvos pensamentos.
¿Por que?
Pra min, por min.
É o meu momento.
A imaxe pode conter: Unha ou máis persoas, océano, ceo, ao aire libre, natureza e auga
Erguinme dun soño.
O pracer do desexo,
o abrazo namorado.
Deixei de acostumarme.
Esquecín a noite pasada.
Nacían ataques repentinos de risas
e os saltos eran ao non vacío.
Isto contoumo o meu amigo.
A noite estaba estrelada,
brindamos con puras ganas.
O mundo máis eu,
xuntos baixo o mesmo paraugas.
Erguinme dun soño.
O pracer do desexo,
o abrazo namorado.
Deixei de acostumarme.
Esquecín a noite pasada.
Nacían ataques repentinos de risas
e os saltos eran ao non vacío.
Isto contoumo o meu amigo.
A noite estaba estrelada,
brindamos con puras ganas.
O mundo máis eu,
xuntos baixo o mesmo paraugas.
Descrición da foto non dispoñible
Firmeza do bravío mar.
Salpicada pola forte ondada.
Fresco andar.
Verde pisar.
Agarimos do meu amor.
O mar.
Descrición da foto non dispoñible
Bon querer…
Grandes doses de aloumiños
confusións en plena oscuridade
ardentes momentos
inesgotable pracer.
Eres fráxil, doce e esvaradío.
Dasme espazo, deixasme voiar
e pola cume pensas en me amedentrar.
Estás no certo.
Arriscar pra poderte tocar.
(Xuízo gañado)
Descrición da foto non dispoñible
Desordenar a horma
romper o segredo da dúbida
afastarse de corpos valeiros
destapar unha rúa deserta…
Pero,¿pra que?
Pra un suspiro da túa esperanza.
Estaste a facer dano
e o derradeiro solpor está ahí.
(Con lume no mirar sinala ao corazón)
A imaxe pode conter: Unha ou máis persoas, calzado e ao aire libre
Un intre.
Esa dor fermentada no estómago
a bomba de osíxeno desbaratada
un caos de frenesí amontoado
un abismo marcado pola infinidade…
Fíos embarullados, anudados entre si.
Quizáis un intre.
Un momento que non sei desfacer.
Quizáis un intre e respirar.
¿Arrepío a estar soa?
Pon as raíces na fervenza que esperta contigo cada día de vida.
Sentirse tan libre como cando se escriben esas novas palabras, sen importar a revolución das incertezas.
E voltan recordos xa pisados,
bicos na meixela xa mortos,
aloumiños desgarrados de amor,
pensamentos impuros no meu corazón.
Toca afastarse.
Unha non esquece, non estraña
non sinte o algunha vez vivido.
Esgotamento do vaivén das mareas.
Afastarse pola metade do camiño.
¡Vaise! Estase indo…
Vivir a medias aínda non é vivir.
Descrición da foto non dispoñible
Cheiro puro
novo vestido.
Xanelas frescas
alma espida.
Benquerida primavera…
Descrición da foto non dispoñible
Se remiro a lapela da camisa
o mar está en calma.
Mar morto.
Os botóns da desgana a un intre de reventar
velahí un gran vendaval.
Enganoso pra quen non o coñece
pois está vivo e non en paz.
Loitador sen cesar.
Mareas das vivas.
Pasa unha estrela fugaz.
Esparcido o puñado de moedas,
cruces méndigas, vaise o material.
O ceo segue a alumiar.
Estrelas canda o meu andar.
Descrición da foto non dispoñible
Comunicado oficial:
Apaixonadamente curiosa.
¡Probando, probando!
Punto de encontro de inspiracións.
Descrición da foto non dispoñible
Unha corda de frenesí,un nodo na gorxa.
Nunca antes o vivira, descoñecido pra min.
Un reencontro dunha débil e cobarde despedida.
Agora que o cheiro nos marcou,
os seus miolos a min me recoñecen.
O fogar do noso destino está unido
Cómplices sorrisos, nos.
Escribanos desta historia sen fin.
Voltarémos pra non esquecer.
Unha corda de frenesí,un nodo na gorxa.
Nunca antes o vivira, descoñecido pra min.
Un reencontro dunha débil e cobarde despedida.
Agora que o cheiro nos marcou,
os seus miolos a min me recoñecen.
O fogar do noso destino está unido
Cómplices sorrisos, nos.
Escribanos desta historia sen fin.
Voltarémos pra non esquecer.
Descrición da foto non dispoñible
Inconformismo,
paixón,
ansias,
desexos…
¡Adiante!
A vida, eu, famenta inagotable…
Seguir de fronte nesta incerta viaxe.
“Ti”
A imaxe pode conter: 3 persoas
Se río é porque non choro.
As veces moi tola, outras acougada.
Namentres cavilo, non esquezo
pero se quero voio.
¡Tocáchesme!
A piques estiven de trincarte,
mais se sinto desconxélome.
Pero non te asustes.
Entre o si e o non, está o todo ou a nada.
Tan só iso quería decirte coa miña mirada.
Descrición da foto non dispoñible
Algunhas cousas gárdanse pra os ollos de quen as pode ver…
Íspeme con dozura que a mente salvaxe a bocados gaña as conquistas.
Voo de mentes fermosas.
Descrición da foto non dispoñible
Vamos a escribir unha nova historia.
Dúas mentes retorcidas e inquedas
unha noite de sexo con indómitos orgasmos.
¡Leme!
Un espazo a soas
que o tempo non nos dea atopado
e logo afoguemos no desagrado da súor do puro pracer.
“Dragóns”
A imaxe pode conter: Unha ou máis persoas
Mais non podo explicarte o que quero dicir… ¿Non liches a letra pequena?
Nunca hai que soltar as ganas por aquilo que che dorme ao latexar.
Igual bastaba con sentir, ao fin, a única aventura que paga a pena vivir é a que está dentro de ti.
“Soños en min”
A imaxe pode conter: 1 persoa, sorrindo
Descéntrame con ganas
tatúame a paixón
bícame con ardor
móllame o interior.
E logo,
deixame espida
e aperta ao teu corazón.
” Ti máis eu e sós”
Descrición da foto non dispoñible
¿Pra que tanto fincar os pés no seco cemento?
Tantas conversas sen comezar, cantas miradas esquivadas, palabras non ditas, momentos perdidos…
Namentres pasa, a vida vaise sen decatarnos e os pequenos momentos canda ela.
A imaxe pode conter: 1 persoa, ao aire libre
E que importa, se eu tamén viñen pra morrer.
Morrer cando o alento meu deixe de crecer.
Namentres, no máis alto desta viaxe
seguirei con forza o consentimento de crer.
Descrición da foto non dispoñible
E son un furacán
namorada do puto desastre.
Correr a man armada,
correr e non parar.
E pensan…vivir ou morrer.
Ata o último alento…vivir benqueridas treboadas.
Descrición da foto non dispoñible
Un burato no corazón,
co menique marco a respiración.
¿Quen me vai sacar o po da dor?
Erguida da caída
subirei ata comer a verdade.
¡Seguinte rolda! 😉