Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Hoxe, un día calqueira
prometinme tomar
unha gran decisión.
Erguerme da cama
e perdoarme cada decisión
que por significado teña vida.
Ao fin, o mellor
é respirar tranquila.
Oferta de tódolos días!!!
Non se pagan.
Recínbense as persoas con alma.
Sen envase.
Tan só teñen que respirar en calma.
OBRIGATORIO: autosanarse!
“Feirón pra comezar a vivir”
( Reparte a decisión de deixarse en paz a un mesmo)
A paciencia murmura,
preto anda o doce froito.
O cheiro achégase
o vivo calafrío renace
e o son dos apresurados latexados faise escoitar.
Tan longa se fai a espera…
Amañece.
Érgueste.
Coma unha abatida,
o vento en contra
o osíxeno véndese
e a fala perde cor.
Os sentimentos a pelexar
os pensamentos, en guerra
e as forzas desvanécense.
Tranquila…
A túa alma non te enganou
é a mudanza do teu crecemento,
o teu lugar estate a buscar.
As veces
non sintes a realidade
escorrégache dos ollos
escápache do corazón.
E as veces
doe, entristece
faise a víctima do desamor.
¿Negar a realidade
e agocharnos baixo a nosa sombra?
Ou comprender.
Pois, ¿por que non comprendernos
e asustar a pantasma da dor?
Menciñas de aloumiños ao propio amor.
As pedras non se mastigan,
a pereza dun estómago pesado.
A tenrura dunha alma despeiteada,
a xistra da vida batendo na cara.