Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
INFORMACIÓN DE LA PÁGINA
  • Fecha de inicio
    Nacimiento en 2016
  • Fecha de lanzamiento
    2016
  • Afiliación
    Eu mesma con todos vós.
  • Descripción breve
    Verbas, pensamentos non escritos e outras historias dende o corazón.
    retrancagalega88@hotmail.com
  • Impressum
    Tania Yáñez Castro
    14102223_1757472901160262_4144960920889722845_n
  • Descripción larga
    Aquí gravarei pequenas pintadas dos meus pensamentos, faladurías sen razón, berros a gorxa aberta e sentimentos que viven no meu corazón.
  • Biografía
    Nacín pra vivir.
  • Sexo
    Femenino
  • Correo electrónico

    «Cuando dos cuerpos se unen para amar, se quema más despacio la soledad de la tierra»
    José Luis Hidalgo

    La imagen puede contener: una o varias personas y exterior

    Xa ben o dicía o noso veciño:
    Meniña, pra as sapas, neste mundo creáronse os sapos. E…¿sabes que día é?
    Si, é hoxe. O meu día preferido. Respondinlle.
    “Vivo nun camiño de ilusión”

    La imagen puede contener: una o varias personas

    O xeo preto ao corazón envolveo coa súa auga tibia.
    Sorrisos do pálpito. Nada é frío as miradas duns pulmóns cheos de osíxeno.
    Firma a gargallada con vida eterna.

    #TaniaYáñezCastro

    La imagen puede contener: una o varias personas y primer plano

    Pensamento.
    Muda quedei ante a túa presenza, troquei o que prentendías dicir e o son sen armonía que flúe de ti…
    ¡Palabra, etiqueta, cuño! ¿Que insinúas? ¿Que eu non poido ser así?
    «El non é meu, tampouco súa son eu, o noso é temporal. Somos un préstamo voluntario de momentos inesquecibles que quizáis…poderían durar a vida enteira»

    La imagen puede contener: montaña, cielo, exterior, naturaleza y una o varias personas

    A cama desfeita, os corpos espidos, as linguas desvergoñadas, os silencios ardentes, as contras cómplices, as luces a medio acender,…e un rumoreo no aire pra nós.
    Segredos, repousos do pracer. A paixón coa que se practica o máis sinxelo da vida, o amor ao pracer.

    « A árbore do amor»

    La imagen puede contener: 1 persona , exterior

    Mais dín que cando o coñeces,
    o mundo dende a cama refluxe sobre si.
    Bendito o descaro do amor,
    os excesos sen represión,
    a cascada de sentimentos
    e as folerpas de agridoce paixón.

    ¡Acouga! Non teñas saudades.
    ¿E logo temes o bo sentir?
    ¡Mundo controvertido! ¡Comeza e deixa vivir!

    Agrio, amarelo, froito da natureza
    dúas metades incomprendidas amándose entre si.

    #TaniaYáñezCastro

    No hay texto alternativo automático disponible.