Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

(Permíteme comezar a min o relato…)

Troco sobrevivir por vivir.
Non vivas dando explicacións. Os que ben te queren non as precisan e os transeúntes non as cren nin as entenden.


“Namorada da vida”

La imagen puede contener: 1 persona, de pie y exterior

A loita sen medalla
o berro exacto
o sendeiro, man segura.

Esa harmonía
que nace en silencio
nas pisadas da Lúa.

Mirácheste.
Sentícheste.
Arriscaches sen saber onde.

#TaniaYáñezCastro#

No hay texto alternativo automático disponible.

Aquí,
liberada da mentira,
refugado o que feríu a miña alma,
acampada,
baixo miles de estrelas,
voute bicar,
da máis calada de tódalas maneiras,
co meu único pensamento,
o sentimento…

La imagen puede contener: una o varias personas y exterior

(Eu cavilando…)
Non me porfíes quen son, nin me pidas que sega sendo a mesma.
Algo recoñezo nesta supervivencia.
Pra ser revolucionaria, debo crer nalgo. Naquilo onde nada hai que crer nin onde ninguén me vai comprender.

(Eu comezando…)
Romper as pequenas rutinas e gozar das cousas que me agasalla a vida.

“Voiando cos ollos pechos agarrada das miñas enerxías”

#TaniaYáñezCastro

La imagen puede contener: una o varias personas y primer plano

Amo as persoas.
Esas que vibran
as que se alimentan da ledicia
leais
pecadoras con un perdón.

Eu,
deambulante sen calendario
viaxeira solitaria
rara empedernida
completa.

Así de tola,
mandeite os bicos máis profundos.
E ti seguías…
coa mirada resacosa
cos pensamentos embarullados.

A vida é así.
Todo se vai,
nalgún momento volta…
Pois as raíces,
non entenden a tódalas terras.

#TaniaYáñezCastro#

La imagen puede contener: una o varias personas, primer plano e interior

E sen querer, atopeite.
Nos meus soños imaxineite.
E cando as nosas miradas se tornaron
comecei a crer na maxia insensata.

¡Chamádeme tola!
Son unha actriz soñadora.
Afastado o meu destino da realidade
roubolle osíxeno as nubes namoradas.

#TaniaYáñezCastro#

La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie y primer plano

Como un papaventos, xa me vou.
Conversas feiticeiras, non voltarán.
Tan fráxil e bondadoso: o bon querer.

Un intre que se sente ou non.
Unha viaxe en común que ata aquí chegou.
Baixo, ceibo a cabeza.

Topareime coa luz,
que o sol me dea nas meixelas
e o ventos me inviten a bailar coas estrelas.

¿A caso non me ves? Non buscaches o verdadeiro.

#TaniaYáñezCastro

La imagen puede contener: 1 persona, sentado

Paseábanse dun lado pra outro,
espidas,
buscaban sen cesar.
Os seus corazóns en armonía
e a lencería sen estrear.

Mantíñanse en pé.
O seu desexo era erguerse,
seguir nesta aventura,
voiar por toda a vida.

#TaniaYáñezCastro#

La imagen puede contener: una o varias personas

Anacos, migas dun pasado.
A pisada dun tren
o meu ser construído.

¡Senguinte vagón!

Mais hoxe ando por aquí.
Faíscas, escintileos con nova vida.
A pasos, percorro unha aprendizaxe.
Eu, un novo ser
o camiño dunha mellor vida.

Endexamais peches a porta.
Amarrarte a un recordo
desvanece a túa alma ata roubarlle a vida.

#TaniaYáñezCastro

La imagen puede contener: planta, exterior, naturaleza y agua

Hoxe pintei un ensaio e o mañá ensinoume.
O que sae dun, hai que coidalo, que os sentimentos deben andar espidos, que os desexos pódense disfrazar e que o que se deixa marchar, non volta a precisar máis do teu alento.
Por iso eu non marcho do agora.
Sego a facer bocetos, reparto apertas benqueridas , ao corazón destápolle cada sacudida, canda a saída do día soño sen cesar e por ti respiro sen medida.

“O momento perfecto é o momento”
#TaniaYáñezCastro#