Embutida no deserto,
onde nace a prosperidade,
o esperanzado alento.
Unha nómada,
en busca de refuxio,
nas montañas sagradas.

Moitos deles
son paridos polas nosas mentes.
Moitos deles
medran a conta dos nosos medos.
“Vou gozar deste silencio namentres as miñas voces non me esperten”

A teu mirar non me engana…
Estamos condeados a entendernos por vida.
(Esquivando tropezar. ¡Non quero que me reteñan!)
Rúa: “Espías tolos”

Sensata
tola
soñadora
medosa
rara
pero un furacán de vida.

Namentres soñas…
¡Vives!
Saída máis próxima, por aquí.
“Entrega de vidas”
(Un privilexio pra os sumisos, os rendidos a non vivir)

¡Tan só os bravos!
Os nativos da indómita selva.
Os illados do veleno social.
Estes,
estes, non agonizan no intento.
¡Polas agallas da vida!
¡Polo amor silvestre!

“Porque non me gustan as medias vidas.
Porque emporcallarme ensíname o cheiro que non quero ulir.
Porque me gusta espirme fronte a mirada intensa do mar aberto.
Porque as verdadeiras almas…non teñen puntadas nin costuras.”

E sentinme namorada cando a brisa me abrazou e o seu silencio a alma me nutríu…
A vida…saloucos de ledicia.

Esta noite o ceo vístese de laranxa.
Non o intentes. Non fai falla descifrarlo pois sempre é el, o ceo.
😉

Voiar sen idade
voiar sen recordos
voiar sen pasado.
Espertar dun soño,
a libertinaxe da noite.
E pregúntome…
¿Cheira a vida distinta ao outro lado do muro?
“Fronte aberto”
#TaniaYáñezCastro

Nin unha bagoa che caíu.
Liscáchesme.
Deixeite fuxir.
E agora aquí estamos.
Nun mundo que só nós podemos reter.

¿ Como pretendes voiar se estás a deixar que te arrinquen as plumas?
(Decateime e voiando fun tropezar no festín de cheiros novamente puros…😉)

” No debemos tener miedo a equivocarnos, hasta los planetas chocan y del caos nacen las estrellas”
Charles Chaplin
“No hay alegría de vivir sin desaparición de vivir”
Albert Camus
