Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

A Percebeira é unha illa
A illa ten nome de peixe esquivo
E os homes van
A lanchiña que os leva é de pau de laranxo
A lúa é unha laranxa apodrecida
A lúa debuxa cadaleitos nas furnas
De entre os mortos nascen percebes
Os ollos vagos non ven
Son as mans acoiteladas as que cachean os tetos
A rapa áxil
E logo a lonxa
E a viaxe á Coruña ou Madrid
E o prato na mesa
E o sal na boca
Ese sabor a sal na boca
Coma se a morte viñese cada nove ondas
✍️ Paco Souto (12 de outubro de 1962 – 30 de marzo de 2017)