• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


A guía/directorio da nosa música local entra na fase de deseño (chulísimo) e maquetación (tortura medieval). Facendo contas rápidas do material recibido, ESTAMOS A FALAR DUNHA OBRA DUNHAS 120 ENTRADAS (mínimo) diferentes de artistas, bandas e formacións de todo tipo de estilos e que vai acabar nas mans de centos de promotores/as de todo o Estado. Non teño palabras (e falo tamén en nome de Maria Luaces, Nomad | Fotógrafo e a Concejalía de Cultura de A Coruña) para expresar o agradecemento, máxime tendo en conta as datas de agosto nas que se solicitou o material. Algunhas das bandas foron aínda contactadas estes días, polo que agardamos recibir algo mási de material esta semana. GRAZAS A MILLÓNS a Rubén Novo de Empuje.net, unha bilbioteca musical ambulante superior á Wiki, e a Cris Andina por axudar a difundir esta iniciativa. Eu só agardo poder sobrevivir para vela publicada en papel e libro electrónico XDDDD

Se tes unha banda ou proxecto musical en activo da Coruña e non contactamos aínda contigo (polo que sexa), isto é o que necesitamos Para xa! TI, SI, TI!!!

“A Concellería de Cultura da Coruña vai sacar en outubro un libro/directorio en formato papel de grupos e artistas da Coruña e comarca. Esta obra VAI SER REPARTIDA ENTRE promotores musicais privados e públicos, organizadores/as da WOMEX (Compostela, mediados de outubro) ou na Feira FITUR de Madrid, entre outros. Encargóuseme a coordinación da obra e considero que o teu/voso proxecto musical debe figurar nese libro. Para iso, necesito que me enviedes canto antes ao correo axitpop@gmail.com o seguinte:

Bio con estilo ou estilos musicais aos que vos adscribides, formación, concertos, festivais, etc…Mínimo 300 espazos, máximo 700.

Foto (preferentemente varias) da mellor calidade posible. 600p ou 10 centímetros de medida mínima e 300 ppp (puntos por pulgada de resolución.

Discografía

Enlaces de interese: un destes enlaces debe ser musical (vídeo, audio….), web se tedes….

Contacto (pensade na mellor forma de que vos contacte un promotor/a)

Agardo poder contar co voso proxecto para esta obra que, sinceramente, creo que é unha oportunidade única para a nosa música local e que non ten parangón, unha obra que contempla todos os estilos e propostas posibles. Iso si, en activo. Para calquera consulta, contactade conmigo ben sexa por mensaxe privada de facebook ou no correo axitpop@gmail.com”.