• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


gallegoago14

A 23 DE AGOSTO.

Entre o xoves e o venres contactei -como Paco Gallego ou como Axitpop Comunicación (facebook pegoume o toque anti-spam grrrr)- con diferentes bandas, grupos e artistas da Coruña e da comarca de cara á edición da primeira guía/directorio da música local que se imprimiu nunca encargada pola Concejalía de Cultura de A Coruña para entregar a promotores/as públicos, privados, feiras internacionais da música e do turismo…etc. Un libro onde teño a honra de exercer funcións de coordinador e que, xunto a Maria Luaces, responsable final do deseño, e Nomad | Fotógrafo, responsable das imaxes propias da obra, tentará ser unha obra de referencia para moitos anos e onde temos ademais unha débeda co gran Rubén Novo deEmpuje.net. O recibimento a esta idea está sendo xenial e xa contamos con decenas de correos de bandas e artistas que se puxeron mans á obra inmediatamente, asçí como máis ducias que o enviarán nos próximos días. O prazo remata o 5 de setembro. Tiña medo polo complicado destas datas pero, unha vez máis, a nosa xente deume unha boa lección. Moitas grazas!! Prometemos facer un pouco de historia nesta cidade cunha obra que, dende logo, non ten parangón e que é toda unha débeda desta cidade para cos nosos artistas. Sen que sirva de precedente, un gran biko a todas e todos!!! Muacks!!!! XDDD