Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
May be an image of 2 persoas
OXALÁ NON ACABE O MUNDO
(neonazismo na Ucrania)
“Putin es muy malo”, din os medios de comunicación nos estados da OTAN cada día. E non digo eu que sexa bo.
Mais os nazis que deron un golpe de estado hai uns anos e gobernan Ucrania desde entón tampouco son bos.
A diferenza está en que eses golpistas tiñan detrás xa entón aos EE.UU que querían un réxime seu xusto na fronteira con Rusia e que dificultase a súa saída ao mar Mediterráneo. Porque o Meditérraneo, como todos os mares do mundo, teñen que estar baixo control militar norteamericano. Se o fan outros é “malo e perigoso”, seique.
Ademais, Rusia quere vender o seu gas a Europa. Mais resulta que Biden tamén quere vender o seu gas líquido. Todo un problema “democrático”, porque se Rusia fai negocio isto está mal para “a democracia” e se EE.UU fai negocio iso é bo para “a democracia”.
Cando os EE.UU apoiaban a Franco e instalaron aquí as súas bases militares fixérono polo noso ben, para que aquí houbese democracia.
O resume do que nos contan é:
Rusia, mala; China, mal; EE.UU bos.
Agora Putin decidiu desfacer en Ucrania o que fixeron os golpistas no 2014. Segundo as cabeceiras dos xornais españois comezou unha guerra terríbel. Con todo, debaixo do titular xa vexo que Feijóo, un home sen mácula, irá a Madrid a salvar España, que Telefónica quintuplicou beneficios o ano pasado, que Borrell di algunha outra parvada, que a dieta vexetariana dá menos cancro, que…
A ver se vai ser que non acaba o mundo desta…Oxalá.
(FOTO CABECEIRA SUSO DE TORO CORTESÍA DE https://es.ara.cat/).