Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
María Xosé Bravo

Ayer a las 13:19 ·

Creo que era Voltaire quen deixou dito “O último grao da perversidade é facer servir as leis para a inxustiza”
Todas as que sentimos certa carraxe cando oímos “dentro da lei todo, fóra da lei nada” ben sabemos que hai moitas leis inxustas contra as que berramos na rúa, xa sexan as que permiten botar da súa casa a unha muller de 80 anos, a un traballador á rúa, ou vender as caixas galegas ao mellor postor… E hoxe tamén o dicimos, nas eleccións vascas ten que estar Otegi.

ARTIGO DE SERMOS GALIZA:

Non houbo surpresa e a Xunta Eleitoral de Gipuzkoa comunicou esta cuarta feira a EH Bildu que o seu líder, Arnaldo Otegi, é “inelixíbel” nas próximas eleccións ao Parlamento vasco.

Por súa parte, a liña de defensa de Íñigo Irún, o avogado de Otegi, é que na sentenza da AN non se especificaba a que comicios non se podía apresentar o líder da esquerda abertzale. EH Bildu entende, a maiores, que Otegi xa cumpriu a pena accesoria de inhabilitación para o sufraxio pasivo -isto é, para ser elexíbel- durante os seus anos en prisión. Otegi abandonou a cadea o pasado 1 de marzo.

A esquerda abertzale ten agora dous días para apresentar alegacións a este fallo da Xunta Eleitoral de Gipuzkoa.

Todo indica que o asunto acabará sendo dilucidado polo Tribunal Constitucional.