Despois de marcar un antes e un despois co seu hit do verán “O Samil e Portugal” cunha colaboración de luxo como foi o mesmo Quim Barreiros, e de sacar 3 singles máis adianto “Fedes a faiado”, “Acacia negra” e “Tírate da ponte de Rande” Os Vacalouras darán o seu concerto XV aniversario na Sala Master Club de Vigo o próximo 16 de decembro de 2022 para pechar este primeiro ano de presentación do seu novo disco “Xuventude Prexubilada”.
Entradas dispoñibles en liña en https://entradium.com/é/events/os-vacalouras-xv-aniversario.
Xuventude Prexubilada está composto por 10 cancións onde demostran un punto de madurez no musical, sen deixar de lado o seu peculiar e xenuíno estilo que eles mesmos bautizaron como pataca’n’roll. Un disco repleto de novos sons e estilos que nos levarán deas do punk, ao rocanrol e sen deixar de lado a raíces máis folkis onde a gaita terá unha presenza moi destacable ao longo do disco e cunhas letras acedas e repletas de humor onde a sátira será a sua marca de identidade.
Todos os videoclips e o disco están dispoñibles en Youtube e tamén en todas as plataformas dixitais como Spotify, Amazon Music, Deezer, Google Music, Apple Music, Tidal…