OS ORIXES DO PUNK NA BARCELONA PODCAST DE JONI D.
FOTO CABECEIRA DA MAN DE https://verlanga.com/
Parola con JONI D autor do libro: QUE PAGUI PUJOL! UNA CRÓNICA PUNK DE LA BARCELONA DE LOS 80
LIBRO: https://manifestllibres.cat/products/…
Vindeiramente en castelán: https://versolibros.com/
#podcast #historia #entrevista #punk #contracultura #anarquismo #barcelona
QUE PAGUI PUJOL! é unha historia dende as entrañas e tremélante, con nome e apelidos e de alto contido combativo. Unha crónica chea de referencias musicais e localizada en espazos míticos da capital catalá, moitos deles desaparecidos e borrados da memoria oficial, dunha cidade en constante loita por manter acesa a chama da resistencia. Unha colaxe narrativa que combinha a investigación histórica e autobiográfica, cun detido esforzo por retratar a Barcelona da década dos 80 dende unha óptica punk, a partires de fotografías, cartazes e panfletos, fanzines e recortes de prensa. O protagonista do libro é o seu autor: un Joni D mozo e punk que nos leva dende a irrespectuosa escena musical alternativa e as primeiras okupacións, ata as mobilizacións autónomas contra da OTAN e o servizo militar,facendo as primeiras coordinacións con punks de Madrid, Euskal herria. A historia de dez anos que comeza coas primeiras emisións das radios ceives, e remata co nacemento de diversos proxetos autoxestionados vencellados aos movementos sociais Barceloneses. Un traballo militante e resistente que nos amosa a influenza e a relevancia das contraculturas urbáns, á vez que cuestiona a estratexia da amnesia orquestrada durante a Transición.
Segue o meu traballo ou contactar comigo nas seguintes redes sociais
/ gonza_filmmaker
/ pewmafilms
Dar pulo o meu traballo espallando o contido; partillando, comentas ou deixando un gostame.
Tradución ao galego ceive guerrilleiro da man do Rubem Novo.