• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Pois como xa vai acabando OS MELLORES DISCOS DE 2021: ano é o momento de compartir con vos OS MELLORES DISCOS DE 2021:
1.- Bertín Osborne: Non podía ser outro no número un. Que iste caracemento ben cebado leve 40 anos vendéndolle á xente que é cantante, merece o premio máis gordo sen dúbida. Pra facerlle reverencias.
2.- Miguel Bosé: No podium non podía faltar Miguilito. Xa sei que o seu non é un disco de este ano, pero xa de cuñadear con listas sen criterio, tiña que estar a mellor voz e cachola compositora (dícese, neste caso, do que fai compost) da nosa hispania, aínda non recoñecido coma merece nin coma artista nin coma científico.
3.- Enrique Iglesias: O mellor artista de tódolos tempos según Billboard, digno sucesor do seu pai influenciando a tantos feriantes de pachanga de terceira dende fai tantos anos, tamén ten que estar saque disco ou non. O gran Iglesias Jr. que comenzou de cero pagando él mesmo o seu primeiro disco cos cartos que aforrou traballando de…co seu esforzo de…cos seus cartos.
4.- Nathy Peluso: A poboación de gaivotas que criaba e facía vida nos tellados do barrio de Monte Alto, na moi insigne cidade de A Cruña, está actualmente case extinta desde que esta muller cantou na praia de Riazor. O seu disco “Calambre” explica á perfección o que pasa nos teus ouvidos cando soan as súas tonadas.
5.- C. Tangana: A magnífica labor que fixo no seu último disco “El Madrileño” (Coñecido coma “O Fodechinchos” nalgúns círculos da costa galega) acercando ás novas xeracións a artistas coma Elíades Ochoa ou Drexler e facerlles crer que o “guay” é el mesmo e o seu autotune, ía pra número un, pero a loita era moi encarnizada para o posto.
6.- David Bisbal: Con disco aniversario dos seus 20 anos de carreira xirando sobre si mesmo e dilatando as fosas nasais, sobrevivindo a Chenoas, Bostaamantes, Fergós e xeracións seguintes de triunfines. O responsable de que miles de moderners que decían que as pachangas das festas do seu pobo eran cutres e casposas acabasen comprando caspa e cutrerío a tutiplén. Impagable a súa labor.
7.- BTS: os reis do pop koreano ou K-Pop (KKpop se tartamudeas algo ou tes un mínimo de criterio musical), pra que vexades que non só se fai merda en castelán e pra que esta lista non pareza pechada a un estilo. Capaces de vender discos de catro cancións a 50€ e de que a rapazada, cando entra a roubar nas tendas de música, lle faga un burato ó plástico que envolve o CD pra levar as fotos de dentro deixando o disco alí. Ver pra crer, porque escoitar…mellor non.
8.- Ñ “El disco del año”: O recopilatorio que fixo palidecer ó “Caribe Mix” e ós “40 principais”… porque a linguaxe universal da música non sería nada sen o castelán e as creaccións musicais da radiofórmula patria. (Agora que xa puxen un noutro idioma xa podía voltar ó redil.)
9.-Zahara: Chamar a atención máis ca C. Tongazo e Rosalía a malquerida e acaparar portadas non e tarea fácil, pero acudindo a topicazos á moda e con pasta detrás pódese facer de todo. Se ti pos lazo no pelo, eu peineta gorda… e se pos peineta gorda eu a figura da Sagrada Familia de playmobil na cabesa.
10.- Izal: aínda que vale prácticamente calquera carallada indie nacional aquí…as melodías que che saen cando roncas botando unha soneca durante o telediario de antena 3, cantadas con voz desagradable, chámese Lori Meyers, León Benavente, Love of Lesbian ou calquer sucesor dos históricos vendemotos de “Los Planetas” ou coma ser máis pesado cun bocata de cemento.
11.- Rosalía: Xa sei que eran dez, pero cuñadeando vale todo. Só polo feito de facer que miles de cuñados insultasen nas redes a quen non dixese que o seu disco era tan grande como “La leyenda del tiempo” de Camarón ou o “Sgt Peppers” dos Beatles, xa é pra estar no top polo menos tres anos.
Hala felices festas!