Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Os analfabetos de hoxe (Jesús Quintero)
Sempre houbo analfabetos, mais a incultura e a inhorancia sempre se viviron coma unha vergoña.
Endexamais coma agora a xente presimiu de non ler un puto libro na súa fodida vida, de non importarlle nada que poida cheirar lenemente a cultura ou que esixa unha intelixencia minimamente superior á do primate.
Os analfabetos de hoxe son os piores porque na maioría dos casos tiveron acceso á educación, saben ler e escreber, mais non exercen.
Cada día son máis e cada día o mercado cóidaos máis e pensa máis neles.
A televisión cada vez faise máis á súa medida.
As grellas das distintas canles compiten en ofrecer programas pensados pra unha xente que non le, que non entende, que pasa da cultura, que quere que a divirtan ou que a distraian, aínda que sexa cos crimes máis brutais ou cos máis suxos panos de porteira.
O mundo enteiro está a crearse á medida desta nova maioría, amigos.
Todo é superficial, frívolo, elemental, primario… pra que iles poidan entendelo e dixerilo.
Ises son socialmente a nova clase dominante, aínda que sempre será a clase dominada, precisamente polo seu analfabetismo e a súa incultura, a que impón a súa falla de celme e as súas morbosas regras.
E así nos vai aos que non nos conformamos con tan pouco,
aos que aspiramos a un pouco máis de profundidade.
Jesus Quintero
Jesús é un xornalista, escritor, director e presentador de programas de radio nado en 1940 en España. Pra 1981 comezaría o seu programa «O tolo do outeiro», ( El loco de la colina), mesmo que o levaría a ser un fenómeno televisivo de fama internacional. Neste programa, proclama iste forte e tallante mensaxe directa á súa teleaudiencia. Dita proclama, penso, máis que describir a sociedade da época, foi premonitoria ao que realmente viría, nas súas verbas predice a chegada dun mundo con contido cada vez máis simple e acurtado. A 40 anos dese discurso, podemos ollar o avance acelerado desa nova realidade coa chegada de plataformas coma Tiktok, o aborrecemento a calquera contido longo ou a simpleza da música de moda que fan tan acertadas e premonitorias as verbas de Jesús Quintero.
Darwin Carballo Velásquez
Convídolles a imaxinar comigo unha sociedade distinta no meu vídeo de Youtube titulado: Un mundo dos intelectuais https://youtu.be/HrddG_rRxjQ
Úneche á miña comunidade literaria en Telegram: https://t.me/literaturaconDarwinCarballo
Foto cabeceira da man de https://elpais.com/

Foto interior da man de

Darwin Carballo Velásquez