Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

noroeste-628x356

• • • • • •
OPERACIÓN SALVAR MARDI GRAS
Llega al fin tu opción de vivir en una República! Hoy presentamos al mundo la Asociación Cultural República Musical Mardi Gras. Si, hay una junta directiva, estatutos, estamos en el Registro Central de Asociaciones de la Xunta de Galicia… Trámites laboriosos pero que seguro que valen la pena. Mardi Gras se expande más allá de sus paredes llenas de posters.
Desde hoy puedes ASOCIARTE. Hay una cuota de inscripción de 10 euros (solo se paga una vez) y una cuota anual que en 2020 es de 10 euros. Por tanto la aportación inicial es de 20€
En 2021 la cuota anual será de 20€.
Todo lo recaudado de la cuota anual de 2020 se va a destinar a repartirla a partes iguales entre las salas coruñesas que nos unimos en la campaña de camisetas #Apoyatusala: Jazz Filloa (en diciembre cumple 40 años!!), Garufa Club, Mardi Gras y también queremos ayudar a Cris del Bâbâ Bar que ha tenido que cerrar pero han sido meses duros para ella y hubo mucho gasto acumulado.
Hoy es día de celebración de nuestro 21 cumpleaños. No vamos a saturarte con más información. Si quieres sumarte la la República, escribe a acrepublicamardigras@gmail.com y desde ahí te contamos los sencillos pasos a dar (si tardamos un poco en responder es que hay avalancha de peticiones, buena señal).
Ah, te agradecemos mucho que compartas este post. Porque la Operación Salvar Mardi Gras está en marcha.
mardi2
Xa somos máis de 300 habitantes da República Musical Mardi Gras.
E como xa anunciei antes, para quenes non sabedes para qué pode ser útil unha asociación cultural, aquí están os obxectivos completos que recollen os estatutos e dos que me sinto orgulloso de ter buscado documentación doutras asociacións para capturar as boas ideas, ademáis das que tiñamos propias:
Artigo 5º.- 1.- Son fins principais da asociación:
A organización, promoción e difusión de todo tipo de actividades relacionadas con calquera estilo musical, tanto de música en directo como de música gravada e outras artes afíns.

Entendemos artes afíns todas aquelas que se interrelacionan coa música: creación audiovisual, fotografía, deseño gráfico, ilustración, cine documental, cine musical, teatro musical, festivais de artes diversas, performances, libros musicais, xornadas divulgativas e

similares.
Para o seu desenvolvemento, a asociación terá como obxectivos:
a.- A xestión e promoción, en solitario ou en cooperación con outros axentes, de concertos ou ciclos de concertos.
b.- A organización ou coxestión, en solitario ou con outros axentes, de actividades divulgativas relacionadas coa música tanto para adultos como para menores: proxeccións de material audiovisual, masterclases, musicoterapia, exposicións, obradoiros, tanto
presenciais como online.
c.- A realización de actividades de prevención e concienciación sobre os problemas auditivos que poden derivarse da escoita de música en determinadas condicións.
d.- A organización de viaxes ou excursións para asistir a concertos, festivais ou outros eventos relacionados coa música.
e.- Promoción e xestión de tarefas de documentación e estudo sobre a música en diversos ámbitos que resulten de interese para as persoas asociadas.
f-. A xestión de redes sociais e páxinas web que contribúan á difusión, promoción e posta en común de actividades relacionadas coa música e artes e creacións afíns como pode ser a realización audiovisual, a fotografía, o deseño gráfico, a pintura, as artes dixitais, as aplicacións para dispositivos móbiles e outras artes análogas.
g- A promoción da composición musical
h- A colaboración con artistas para posibilitar a gravación e edición de material discográfico ou audiovisual.
g- Promoción de residencias artísticas e intercambios entre diversos axentes implicados en actividades culturais, dende persoas afeccioadas ata artistas, pasando por productores, axentes culturais, persoal técnico…
h- Facilitación de actividades de voluntariado relacionadas coa música por parte de persoas de calquera parte do mundo, máis en especial das que viven no territorio de Galicia.
i- A realización de actividades de sensibilización sobre a importancia da música na vida das persoas, con especial atención aos medios de comunicación para que potencien a presencia da música nos seus contidos.
k- O apoio ás reivindicacións que a asemblea considere importantes que procedan de diversos axentes relacionados coa música: executantes, intérpretes, compositores, productores, responsables de salas de concertos…
m- Promoción de actividades que faciliten que as persoas asociadas podan exercer o seundereito a comunicar a través de calquera medio de reproducción cando así o solicite unha
ou máis persoas socias.
n- A cooperación con outras persoas físicas ou xurídicas que teñan obxectivos e intereses análogos á esta asociación.
ñ- Realizar accións e actividades culturais cuxo obxectivo sexa facilitar as relacións sociais e evitar a sensación de soidade dos individuos.
o- Promover valores éticos como o respeto, a solidaridade, a inclusión, a solidaridade, adefensa dos dereitos individuais no ámbito da diversidade sexual, relixiosa e noutros ámbitos da vida en actividades que teñan a música como vehículo conductor
p- Traballar por erradicar, a través da cultura e accións sociais, comportamentos que vaian en contra dos Dereitos Humanos de calquera persoa ou colectivo.
q- Cooperar con asociacións doutros países, en especial da Unión Europea en proxectos culturais de todo tipo, tendo a música, en calquera das suas manifestacións, como actividade principal.
r- Promover a inclusión de persoas con discapacidad nas actividades musicais da asociación e nas organizadas por empresas ou entidades que sexan sensibles ante esta problemática.
s- Xerar a curiosidade de todo tipo de colectivos cara a música en directo e outras expresións culturais.
t- Promover accións directas que posibiliten o acceso a instrumentos e formación musical para persoas con escasos recursos económicos ou persoas con dificultades para a sua
inclusión na comunidade.