Xa están as áreas de traballo definidas e as persoas responsables delas, Ana Pontón asume a portavocía na Cámara ademais das áreas de Economía, Igualdade, dereitos democráticos e autogoberno. Olalla Rodil a primeira vice portavocía así como as responsabilidades sobre Ensino, Cultura, Lingua e control da CRTVG, Montse Prado ocupa a segunda vice portavocía, asume a responsabilidade de coordinación do traballo do grupo e as áreas de Sanidade, Servizos Sociais e Pesca. Mini, pasa a ser o portavoz en Medio Rural, Noa Presas a responsable de Industria e Enerxía e Luís Bará asume a portavocía para Territorio, Medio ambiente e Institucional.