son

“O Son do Camiño” é o paradigma dun modelo cultural que a AGPXC non comparte. 

Publicado el 9 marzo, 2018 | Noticias, Opinión, Prensa

Que a Xunta de Galicia adique 3 millóns de euros a un evento macro de artistas maioritariamente foráneos, mentres para todos os festivais galegos xuntos non se adica nin medio millón, non nos parece correcto. A Xunta de Galicia debera defender os dereitos e interesese dos tecidos sociais e empresariais propios do país e nun contexto que recurrentemente se nos presenta como de recursos limitados, este gasto parécenos excesivo.
Sumémoslle a iso a fórmula de contratación deste festival, que xerou moitas dúbidas sobre a legalidade e falta de transparencia, denunciadas xa pola propia asociación de empresas musicais de Galicia AGEM.
Non temos nada que decir dos profesionais da xestión cultural que xestionan o evento, e sabemos que será un éxito rotundo de público pola calidade da programación e polo prezo das entradas, mais ESE NON É O DEBATE ao noso entender. O asunto é se é ou non reprobábel que a Xunta adique esa cantidade inxente de diñeiro público a unha macroprogramación única mentres desatende claramente outras demandas do sector cultural galego (pensemos na retirada das feiras internacionais do libro e outros casos recentes). Preguntámonos se non sería máis lóxico adicar eses fondos a fortalecer, apoiar e impulsar o tecido cultural e empresarial galego, en igualdade de condicións, e non creando situacións de agravio como esta, que dificultan a supervivencia de moitos eventos pequenos que non contan con esta cantidade de cartos públicos e teñen que xustificar o prezo das entradas.
Insistimos na opinión de que a responsabilidade da Xunta é a de favorecer e fortalecer o tecido cultural galego, entendido da maneira máis ampla, e que centralizar os recursos en macroespectáculos puntuais coma este, non só non fortalece o sistema cultural galego, senón que o debilita.

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *