O Revenidas pecha o seu cartel definitivo coas incorporacións de Sés, Ortiga, Grande Amore, Caamaño & Ameixeiras e The Rapants, entre outros. O Revenidas o 7 – 11 decembro 2022.
O Revenidas pecha o seu cartel definitivo coas incorporacións de Sés, Ortiga, Grande Amore, Caamaño & Ameixeiras e The Rapants, entre outros.
Tamén se suman ao festival de Vilaxoán Monolious Dop, Copa Turbo, Doen, Sinner, Plectro, Louband, Os Terribles de Arousa, Kris K Dj e La Yaya Dj
Os abonos e as entradas por día para o festival, que se celebrará do 7 ao 11 de setembro, están a venda en www.revenidas.com
Coas novas incorporacións que hoxe se anuncian, o Revenidas convértese aínda máis na gran festa da música galega do 2022. Trece dos 14 grupos e artistas que se incorporan ao cartel final son galegos, aos que hai que sumar os portugueses Plectro, gañadores da última edición do certame Xenerasón Rock, organizado polo festival Go! Go! Zo!.
O Revenidas suma ao seu cartel a artistas e grupos que están a marcar a referencia entre a mocidade (e non tan mocidade) galega, en distintos xéneros e estilos, como son Ortiga, Grande Amore, Caamaño & Ameixeiras ou Monoulious Dop. Tamén hai lugar, por suposto, para nomes consagrados como é o de Sés. Así como para bandas emerxentes – algunhas delas xa están dando moito que falar- como é o caso de The Rapants, Copa Turbo e Doen. E para músicos que están a dar os seus primeiros pasos pero que xa están a chamar a atención como é o caso de Plectro ou da pontevedresa Sinner. Tamén reserva un lugar o Revenidas nestas novas incorporacións para os artistas arousáns, como é o caso de Kris K Dj e La Yaya Dj, así como Os Terribles de Arousa e os citados Doen e Copa Turbo.
Outra das novidades que hoxe se dan a coñecer son os artistas convidados que participarán na gran festa que Boyanka Kostova están a organizar para a primeira noite do Revenidas, a do 7 de setembro. Xunto a Saibran Yiyi e Chicho do Funk estarán Pili Pampín, Grande Amore, Dios Ke Te Crew e Mundo Prestigio.
O DOMINGO, DE BALDE
A derradeira xornada do Revenidas, a do domingo 11 de setembro, inclúe a celebración de varios concertos, a tradicional sardiñada popular, actuacións teatrais e a gala de circo. Todo con entrada de balde.
Na parte musical actuarán Sés, Ortiga e Caamaño & Ameixeiras, Os Terribles de Arousa e Louband.
A gala de circo servirá para celebrar os 20 anos en escena de Peter Punk. O popular pallaso contará para esta ocasión especial coa presenza de convidados como Kaldi, Pajarito, Cou, Dakidarría, Leo Arremecághona, Malala e Iván e Brais das Hortas.
Na vertente teatral, a compañía Paraíso porá en escena ‘Os diarios de Eva e Adán (Boleros no paraíso)‘, interpretada por Inés Salvado e Sergio Piñeiro e con música en directo de Xosé Lois Romero e Xoán Porto.
CARTEL POR DÍAS
MÉRCORES 7: Boyanka Kostova e Amigxs (Pili Pampín, Grande Amore, Dios Ke Te Crew, Mundo Prestigio), Sinner, Kris K D e La Yaya Dj.
XOVES 8: La Pegatina, Boikot, Gatibu, Suu, Copa Turbo, Ketekalles, Lamontagne & Picoamperio e La Duendeneta.
VENRES 9: SFDK, Lendakaris Muertos, Talco Moscow Death Brigade, SonDaRúa, Bratzantifa, Grande Amor e La Duendeneta
SÁBADO 10 (Hora de inicio: 12.00 h): Tanxugueiras, Baiuca, Dakidarría, Zoo, Dubioza Kolektiv, A Banda da Loba, Ladilla Rusa, Doen, Monoulious Dop, Plectro e La Duendeneta
DOMINGO 11: Sés, Ortiga, Caamaño & Ameixeiras, Os Terribles de Arousa, Louband, Gala de Circo XX Anos de Peter Punk e Amigxs, Compañía Paraíso e Sardiñada Popular.
Nos vindeiros días Revenidas anunciará os artistas que actuarán nos concertos a bordo así como o resto das actividades paralelas que conforman a programación do festival.
ENTRADAS E ABONOS
A venda de abonos e de entradas por día para o Revenidas 2022 poderán adquirirse dende a web www.revenidas.comou dende as redes sociais do festival.
Desde este mesmo soporte tamén se ofrece a posibilidade de de facer unha carga previa da pulseira cashless.

NOTA IMPRENSA.