Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
💥Hoxe queremos falar do pai do noso grande PUCHO BOEDO.
👉Tal día coma hoxe do ano 1936, asasinaban a José Boedo López, sindicalista galego e pai de Pucho Boedo.
👉Viviu no barrio coruñés da Silva. Estivo vinculado ao Sindicato de Canteiros da Coruña, no que ocupou xa un cargo directivo á altura de 1918. Comezou a destacar publicamente e a intervir en actos públicos, como o multitudinario mitin que tivo lugar en agosto de 1923 na praza de touros da Coruña pedindo o indulto para o cabo Sánchez Barros, un coruñés que fora condenado a morte pola súa intervención nunha revolta popular en Málaga contra as levas para a guerra de África.
👉Membro activo como sindicalista da CNT, o 18 de Xullo de 1936, foi detido e fusilado o 19 de agosto de 1936. A súa familia sufriu unha brutal represión; o seu fillo José Antonio Boedo Núñez foi fusilado o 11 de setembro de 1937.
👉Outro dos fillos, Pucho Boedo, foi un histórico artista galego que xa é historia de Galiza.
📷Info de Galipedia,