Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

O MERCADER DE VENECIA.

século XVI, Bassanio (Joseph Fiennes) pídelle a Antonio (Jeremy Irons) un préstamo de tres mil ducados para poder cortexar a Portia (Lynn Collins), herdeira do rico Belmont. Antonio é rico, pero todo o seu diñeiro está destinado a empresas do estranxeiro. Así que recorre ao xudeu Shylock (Al Pacino), que agardaba unha oportunidade para vingarse de Antonio. O prestamista impón unha condición absurda: se o préstamo non se paga en tres meses, Antonio daralle a Shylock un anaco da súa propia carne. A noticia de que os seus barcos naufragaron deixa a Antonio nunha situación difícil, e o caso pasa aos tribunais para decidir se realmente se cumpre a condición.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

William Shakespeare, nado en Stratford-upon-Avon, bautizado o 26 de abril de 1564 e finado o 23 de abril de 1616, foi un poeta e dramaturgo inglés, considerado desde hai tempo por moitos como o meirande escritor en lingua inglesa e un dos máis célebres da literatura universal. A súa obra é tal, que moitas das súas personaxes aínda son obxecto de cuantiosos estudos. Unha das características máis salientables da mesma é a profunda e complexa definición psicolóxica das súas personaxes.

Primeiros anos

William Shakespeare era fillo de John Shakespeare, un fabricante de luvas e concelleiro de Snitterfield e de Mary Arden, de familia fidalga. Descoñécese a data exacta do seu nacemento, pero suponse que foi tres días antes do bautismo, entre outras razóns para permitir a simetría coa data da súa morte (que, no calendario gregoriano sería o 3 de maio), día tamén de San Xurxo, patrón de Inglaterra.

Shakespeare posibelmente estudou na Grammar School King Edward VI de Stratford, que destacaba polo ensino do latín e a literatura. Trátase tamén dunha suposición baseada no posto que desempeñaba o seu pai no concello, que lle daba dereito de matrícula nela. O 28 de novembro de 1582, aos dezaoito anos, casou con Anne Hathaway, que tiña vinte e seis e estaba embarazada de tres meses.

Non se sabe máis de Shakespeare nos anos seguintes, a excepción dos nacementos de Susanna (1583) e Hamnet e Judith (1585).

Londres e a súa carreira no teatro.

Para 1592, Shakespeare xa se establecera como dramaturgo en Londres e xa gozaba dunha reputación que motivou a Robert Greene a mofarse del. No final de 1594 actuaba, escribía e era co-propietario dunha compañía, os Homes do Lord Chamberlain, que recibía o nome do seu mecenas. Gozaban de tanto crédito que, após a morte de Isabel I de Inglaterra, o novo monarca, Xaime I de Inglaterra (1603) adoptou a compañía, que pasou a denominarse Os Homes do Rei.

En 1596 Shakespeare vivía na parroquia de St. Helen’s, en Bishopsgate e dous anos máis tarde encabezaba unha lista de actores en Cada home no seu humor, de Ben Johnson. Tamén en 1598 o seu nome comezou a aparecer no frontispicio das súas obras, posibelmente para atraer compradores.

Existe a tradición de que Shakespeare, ademais de redixir moitas das obras que representaba a súa compañía e de ter que dedicar parte do seu tempo a xestionar a compañía da que era co-propietario, continuaba a representar papeis nas obras, como o fantasma do pai de Hamlet, Adam en Como goste e como coro en Henrique V.

Parece ser que en 1599 se trasladou para o sur do río Támese, a Southwark. En 1604 trasladouse de novo para a ribeira norte, preto da catedral de San Paulo, onde residía cunha familia hugonote, os Montjoy. Durante esta estancia axudou no casamento da filla destes co seu aprendiz Stephen Bellott. Máis tarde Bellott denunciou ao seu sogro por non achegar o dote prometido e Shakespeare tivo que declarar como testemuña.

Consérvanse diversos documentos legais e mercantís que mostran que Shakespeare se foi enriquecendo durante a súa estadía en Londres até permitirse adquirir unha propiedade en Blackfriars e a segunda casa máis grande de Strattford.

Derradeiros anos

As dúas derradeiras obras escribiunas en 1613 e parece que logo se retirou para Stratford. Morreu á idade de 52 anos, aínda casado con Anne. Sobrevivíronlle as súas dúas fillas. Susanna casou, mais hoxe en día non hai descendentes de Shakespeare.

Está soterrado na chancelería da Igrexa da Santísima Trindade en Stratford-upon-Avon, honra que non se debeu á súa fama como dramaturgo senón por adquirir ese dereito por 440 libras (unha cantidade considerábel na época). Un monumento, erguido pola súa familia no muro máis próximo da súa tumba, móstrao no acto de escribir. Cada ano, na data do seu nacemento, colócaselle unha pluma nova na man.

Tumba de Shakespeare en Stratford-upon-Avon

Shakespeare foi coetáneo de Cervantes, e ambos finaron na mesma data (aínda que non no mesmo día, posto que entón rexía un calendario diferente en Inglaterra e en España).

Obra

As súas obras foron escritas entre 1588 e 1616, mais é bastante difícil establecer datas aproximadas.

Cronoloxía