Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Ana Pontón “Esta situación non é o resultado dunha maldición bíblica, é a constatación dunha política errática de Feixóo, que non defende ningún tipo de bilingüismo cordial, porque o único que está a defender é unha política cara o monolingüísmo en castelán

Entre as iniciativas que defenderá o BNG na vindeira sesión plenaria, Pontón porá o foco na situación da lingua galega na pregunta ao presidente. Ante o dato incuestionable e preocupante que fai saltar todas as alarmas: “O galego é única lingua no estado que perde falantes”.

Esta situación, explicou a nacionalista “non é o resultado dunha maldición bíblica, é a constatación dunha política errática de Feixóo” que non defende ningún tipo de bilingüismo cordial porque o único que está a defender é “unha política cara o monolingüísmo en castelán”.

“Eu como galega síntome orgullosa de ter unha lingua propia e creo que hai que dar un debate sereno e tranquilo, un debate crucial como país porque temos a obriga de evitar o deterioro do idioma. Non só está en xogo unha parte da nosa identidade como galegas e galegos, tamén está en xogo toda riqueza e diversidade que hai detrás de poseer unha lingua propia e noso aporte á multiculturalidade e multilingüismo que queremos defender. Reclamaremos a Feixóo ese debate”.