O festival Revenidas porá á venda o 3 de xaneiro os primeiros 500 abonos para fieis a un prezo de 55 euros (máis gastos de xestión)
O festival Revenidas, que se celebrará do 10 ao 13 de setembro en Vilaxoán, porá a venda o 3 de xaneiro os abonos para fieis, mesmo antes de dar a coñecer o seu cartel.
Os abonos poderán mercarse dende as 12.00 horas do sábado 3 de xaneiro na web www.revenidas.com. O prezo dos 500 primeiros abonos é de 55 euros euros máis gastos de xestión. Os mil seguintes venderanse a un prezo de 60 euros (+gx).
Os abonos dan dereito ao acceso ao festival o xoves 10, o venres 11 e o sábado 12 de setembro. As actividades do domingo 13 son gratuítas.
As persoas que merquen estes abonos tamán poderán reservar xa a zona de acampada do Rial dende a propia web, abonando o suplemento correspondente (15 euros).
Así mesmo, a partir da día 3 tamén será posible facer a recarga previa das pulseiras cashless, con saldos promocionais. As recargas de 20 euros recibirán dous euros a maiores, as de 30 euros bonificaranse con tres euros máis e con sete as de 50 euros.
Os menores de 13 anos poderán acceder ao recinto de xeito gratuíto. Os menores de entre 13 e 17 anos (ámbalas idades incluídas) deberán adquirir unha entrada de persoa adulta.
Aínda que o Revenidas non avanzou aínda ningún dos nomes que conformarán o seu cartel, o festival manterá a súa filosfía de incluir destacadas figuras da escena musical galega, estatal e internacional, tendo moi en conta cuestións como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas. Non faltarán tampouco as actividades paralelas que son parte e historia fundamental do Revenidas como a tradicional sardiñada, a Gala de Circo Solidaria, os concertos a bordo ou o roteiro por Vilaxoán.
FOTO CABECEIRA DA MAN FESTIVAL REVENIDAS.
