corodara16

O CORO DA RÁ (O)

Publicado el 26 abril, 2016 | Artistas, Blues, Jazz, Músicas del mundo

INFORMACIÓN DE LA PÁGINA
  • Biografía
    O CORO DA RA

    O Coro da Ra é un agrupación vocal a cappella que utiliza o teatro e a performance para cantar en calquera situación e ubicación. O repertorio musical vai do soul, ó blues, ó jazz, ó samba, ata á música étnica. O repertorio de accións é ilimitado.

    A Rá é o coro residente da escola de música Estudio, de Santiago de Compostela. Foi fundado no ano 1993 polo que é o seu director desde entón, Ramón Bermejo. Conta cun plantel de 60 voces mixtas formado por cantantes profesionais, músicos, actores, fotógrafos, estudantes, ensinantes, funcionarios, autónomos, desempregados e un químico.

    (Nos últimos tempos a actividade do Coro da Ra foi multiplicándose, abarcando galas, concertos, performances, concertos didácticos, gravacións, curtametraxes e spot comerciais.)

    CONCERTOS COMANDO
    A característica que diferencia A Ra de outros coros son as súas intervencións chamadas “Concertos Comando”. Trátase de breves actuacións que teñen lugar sorpresivamente en calquera ubicación ou situación: pola rúa, nun mercado, nunha rolda de prensa, nun concerto, etc. Ó aspecto musical engádense elementos teatrais: pequenos sketches, accións extravagantes e a caracterización dos cantantes. O resultado é a sensación de que a música está a xurdir da realidade de maneira espontánea.

    CONCERTO EN ESCENARIO
    O Coro da Ra pode ofrecer un concerto de unha hora de duración, presentando a mostra máis variada do seu repertorio: grandes clásicos da música negra (Ray Charles, Stevie Wonder, James Brown), gospel, calipso, bossa-nova, jazz, dance-music e temas propios.

    CONCERTO DIDÁCTICO
    O concerto en escenario ten unha variante creada para un público de estudantes. Á actuación normal engádense unha presentación máis teatralizada e o envío previo dun DVD con unidades didácticas, vídeos e exercicios sinxelos e entretidos.

  • Contacto de prensa

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *