Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Manuel Monge

O 5 de xaneiro facía 80 anos o cidadá Juan Carlos Borbón, máis coñecido como Juan Carlos I ou Rei Emérito. Moita atención porque estamos ante o inicio dunha nova campaña, perfectamente orquestrada, para que Juan Carlos recobre prestixio social e consolidar así a monarquía borbónica.Despois da celebración do cumpreanos con máis de 70 invitados, Felipe VI e o Emérito protagonizaban o 6 de xaneiro a Pascua Militar.

É difícil atopar tanta unanimidade en medios de comunicación, editoriais, reportaxes, artigos de opinión etc sobre a figura de Juan Carlos, así que vou dar dúas versións para que a cidadanía teña varios elementos de xuízo. A primeira corresponde ao publicado nos medios estes días e a segunda son verdades, bastantes silenciadas, que ampliarei nos próximos meses coa publicación dun novo libro.

Versión A

1. Figura clave de la Transición y la democracia española, que ha situado a nuestro país en la senda de la prosperidad (Mariano Rajoy).
2. Marcó el camino hacia la paz, la democracia y la libertad que pedían los españoles. Su reinado será recordado como uno de los más relevantes en la Historia de España (José María Aznar).
3. Astuto, intuitivo, valiente y popular.
4. Reinado fructífero.
5. Una vida al servicio de España.
6. El hombre que restauró la Monarquía tras un paréntesis de 44 años, que trajo la democracia tras casi cuatro décadas de dictadura.
7. Puso en marcha la maquinaria del cambio tras la muerte de Franco.
8. La intervención del Rey fue clave para desactivar el golpe militar de 1981.

Versión B

1. Foi elixido polo ditador Franco como o seu sucesor en 1969..
2. Xurou fidelidade ao Caudillo e ás leis da ditadura: “Sí, juro lealtad a Su Excelencia el Jefe del Estado y fidelidad a los Principios del Movimiento Nacional y demás Leyes Fundamentales del Reino”.
3. No seu discurso ante as Cortes o 23 de xullo de 1969, Juan Carlos aceptaba a lexitimidade da ditadura, resultado da sublevación militar e fascista, que xustificaba así: “Quiero expresar en primer lugar que recibo de Su Excelencia el Jefe del Estado y Generalísimo Franco, la legitimidad política surgida del 18 e julio de 1936, en medio de tantos sacrificios, de tantos sufrimientos, tristes, pero necesarios, para que nuestra patria encauzase de nuevo su destino”.
4. Sempre manifestou que tiña un gran afecto e admiración polo ditador: “El general Franco es verdaderamente una figura decisiva, histórica y políticamente para España. Supo resolver nuestra crisis de 1936. Desempeñó un papel político para sacarnos de la Segunda Guerra Mundial.  En los últimos treinta años, ha echado las bases del desarrollo. Para mí, es un ejemplo vivo, por su dedicación patriótica diaria al servicio de España. Le tengo un gran afecto y una gran admiración”
5.Estaba con Franco na praza de Oriente nas grandes concentracións de apoio á ditadura.
6. Durante os anos como Príncipe de Asturias dedicouse a vivir ben e non se coñece ningunha actividade para conseguir a democracia.
7. O rei Juan Carlos, o mesmo que Franco, concedeu distincións e títulos nobiliarios a fascistas, golpistas e criminais, que aínda conservan.
8. Dous días despois da morte de Franco define a ditadura como unha “gloriosa etapa histórica” no Decrero-lei que concede a Carmen Polo, esposa do ditador, o título de Señorío de Meirás, con Grandeza de España. Tamén concede a Carmen Franco, filla do ditador, o Ducado de Franco, “en atención a las excepcionales circunstancias y merecimientos que en ella concurren”.
9. É tan grande o agradecemento de Felipe VI e Juan Carlos I a Franco, que nunca condenaron a ditadura criminal que este presidiu durante case 40 anos.
10. O rei Juan Carlos foi o inspirador do golpe de Estado do 23 F, coa implicación dos servizos de intelixencia e do comandante José Luis Cortina, compañeiro de promoción de Juan Carlos, ex–dirixente do CESID, que estivo once veces na Zarzuela no mes de febreiro de 1981, e o 19 de febreiro tivo unha reunión con Tejero para concretar a operación.
11. Despois do fracaso do 23F, continuou mostrando simpatía polos golpistas, como recollía un informe de Lothan Lahn, embaixador de Alemaña en España, dando conta dunha conversa con Juan Carlos pouco despois do 23F: “Non mostrou nin repulsa, nin indignación; aínda máis, mostrou comprensión, cando non simpatía”.
12. Defendeu aos golpistas. Dous días despois do asalto ao Congreso, o rei recibe aos líderes dos partidos políticos e manifestaba: “Sería poco aconsejable una abierta y dura reacción de las fuerzas políticas contra los que cometieron los actos de subversión en las últimas horas”.
13. Reconverteron o golpe de Estado nun “éxito” político para a monarquía e reforzaron a imaxe do rei.
14. A historia oficial do 23F é un conto de fadas.
15. Eu non votei a ningún rei.
16. Na Santa Transición Monárquica non se convocou nunca un referendo sobre a forma de Estado porque a maioría estaba pola República.
17. Juan Carlos era o “xefe” da trama corrupta do Instituto Nóos, segundo manifestou o propio Iñaki Urdangarín.
18. A chamada dinastía borbónica non existe e ten pouco de exemplar.
19. Dadas as numerosas relacións de reis e raíñas con amantes é moi difícil saber historicamente quen é o pai ou a nai de moitas infantas e infantes.
20. Nos seus anos de xuventude, Juan Carlos alternaba as relacións sexuais entre a nobreza e os prostíbulos. Antes e despois de casar con Sofía de Grecia tivo numerosas amantes: Gabriela de Saboya; a condesa Olghina Nicolis di Robilant (desa relación nacería en 1958 Paola Nicolis di Robilant, que sería a primoxénita de Juan Carlos); María Basch Ramon; Liliane Sartiau; Sandra Mozarowski, actriz de 18 anos, arroxada polo balcón do seu piso e que falecía despois de dúas semanas en coma; Marta Gayá; Roswitha Bertasha Smid Honczar, coñecida artisticamente como Nadiuska; María Margarita García García, coñecida como Bárbara Rey, tiña numerosas fotografías e películas das súas relacións co monarca, que utilizou para conseguir bos contratos en televisión española e millóns de euros a cambio do silencio.
21.  A princesa Corinna zu Sayn-Wittgenstein, “amiga entrañable” do rei, viviu  durante varios anos na casa forestal La Angorrilla, próxima ao palacio da Zarzuela, reformada a conta de Patrimonio Nacional. Por outra parte, o Sindicato Unificado de Policía difundía que a citada princesa tivo escolta. Tiña negocios con Juan Carlos e declaraba que “me han pagado algunas empresas privadas que querían expandirse globalmente”. Corinna conseguiu unha gran fortuna durante os dez anos que viviu aquí e abandonaba España en 2013, previo pago de 30 millóns de euros polos “servizos prestados” e polo seu silencio.
22. Temos unha monarquía borbónica corrupta, cunha tradición de reis e raíñas implicados en negocios e que utilizaron o trono para o seu enriquecemento.
23. O rei Juan Carlos fixo unha gran fortuna, que The New York Times cifraba en 1.800 millóns de euros.
24. Sempre defendeu os intereses das forzas políticas conservadoras e por iso despois da primeiras eleccións democrática de 1977 pediu 10 millóns de dólares para UCD ao Xa de Persia, nunha carta que enviaba o 22 de xuño de 1977 e que comezaba así: “Querido hermano”.
25. Abdicou no seu fillo Felipe para preservar a monarquía e perpetuar o dominio do gran capital e das forzas da dereita.
26. Tivo e ten amizades perigosas. Metido en diversos negocios, Juan Carlos cobraba comisións, a través de Manuel Prado y Colón de Carvajal, polo petróleo que mercaba España. Algunhas das súas amizades empresariais pasaron polo cárcere como Javier de la Rocha, José María Ruiz Mateos ou Mario Conde.
27. Foi denunciado pola súa implicación no roubo da colección de arte do duque de Hernani.
28. Concedeu 56 condecoracións entre 1976 e 1983 a integrantes da Xunta Militar e altos mandos do exército da ditadura arxentina do xeneral Videla, responsábel do secuestro, tortura e asasinato de 30.000 persoas.
29. O CESID e o Congreso secuestran información comprometedora sobre o monarca.
30. A monarquía está blindada informativamente e hai numerosas sancións por “inxurias contra a Coroa”.
31. O coronel Amadeo Martínez Inglés, enviaba un escrito ao xuíz do Xulgado Central de Instrución número dous da Audiencia Nacional o 5 e novembro de 2012 con graves acusacións contra Juan Carlos I polos presuntos delitos de golpismo de Estado, terrorismo de Estado, malversación de caudais públicos etc. Entre os “Documentos a interesar de entes, instituciones u organismos del Estado”, solicitaba ao ministerio de Defensa, entre outros, “Documentos audiovisuales sobre las salidas extramaritales del rey de España (DIEME, División de Iteligtencia del Estado Mayor del Ajército, años 1984-1996)”. Este coronel foi condenado en marzo de 2013 a unha multa de 6.480 euros por inxurias graves contra a Coroa.
32. Juan Carlos e os borbóns viven como dios. O Rei recibe 7,8 millóns de euros dos Orzamentos do Estado para o sustento da súa Familia e Casa. Pero o gasto anual da Casa Real é moito maior. Así, en 2011 foi de 561 millóns de euros, estando aquí incluídos, entre outros, 80 millóns para o rexemento da Garda Real; 110 millóns para o Grupo de Forzas Aéreas; 28 millóns para o Parque Móbil, con 300 vehículos adscritos á Casa Real etc.
33. O Emérito recibe anualmente case 200.000 euros dos Orzamentos Xerais do Estado de 2016 para viaxes, asistencia a carreiras de Fórmula 1, navegar e outras actividades recreativas. Como entre o 1 de xaneiro de 2015 até marzo de 2017 participou en 44 actos ou viaxes oficiais, percibindo case 400.000 euros, sae a 9.000 euros por acto, que non está nada mal como dieta.
34. E para rematar, esta definición que facía o cantautor Luis Pastor do Emérito: “Juan Carlos es un pelele, un prisionero de Franco. Un niño sacado de Estoril y educado bajo las faldas del dictador para quitarle la corona a su padre y restaurar la monarquía en España” (público.es, 14-12-2017). Pastor engadía: “Si me quieren llevar a juicio, que lo hagan”.

http://praza.gal

(Foto portada por eljueves.es)