bran

O Carballo Interplay acollerá a estrea da webserie en galego Hai vida en Bran?. Unha información de Codigo cero.

Publicado el 27 marzo, 2018 | Noticias, Prensa

Carballo, a través do seu quinto Festival Interplay, vai acoller a estrea da webserie en galego Hai vida en Bran?, dirixida, escrita e protagonizada por Ángela Andrada, que obtivo na cuarta edición do certame o Premio a proxecto de webserie na nosa lingua. A estrea será o 5 de abril no Pazo da Cultura de Carballo. Ademais, o certame xa elixiu os catro finalistas para a nova edición do dito recoñecemento: Sígueme;Áureas, unha historia dos anos 20; Premios Darwin e Cativos na cociña.
Volvendo a Hai vida en Bran? está producida por Macondo Prod e conta cun elenco de prometedores actores novos integrado por Pastor Rodríguez, Cristina Mariño, Daniel Celester, Gonzalo Faílde, Maite Vilar, Benigno Suárez e Ewa Jabukowska, amais de ter tamén a colaboración de facianas ben coñecidas do audiovisual galego, como Isabel Blanco, Monti Castiñeiras ou Cris Iglesias.
A serie, que é innovadora por forma (é unha serie concibida plenamente para ser vista en liña) e tamén por contido (a intención da directora é “cambiar o rumbo do audiovisual rompendo estereotipos”), conta a historia de Mariña, unha licenciada en Belas Artes que, despois de fracasar no seu intento de abrirse paso no mundo do cómic, volve á casa da súa nai “na pequena e aburrida vila de Bran”, segundo se desprende da sinopse, na que tamén se explica que en Bran, sen cartos e en plena crise dos 25, Mariña comeza a traballar na tenda da gasolineira e combate a soidade e o tedio coa creación dun novo cómic inspirado polo seu glam rock do seu idolatrado David Bowie.
Ángela Andrada, formada no Instituto de Cine de Madrid e que agarda a estrea da súa primeira longa como guionista, retrata en Hai vida en Bran? a chamada “Xeración Xabarín”, ou sexa, a rapazada toda dos anos noventa e posteriores aos que “se lles prometeu que chegarían lonxe e que agora se atopan diante dun futuro incerto”, segundo apunta a directora, que engade a webserie foi gravada en Celas de Peiro (Culleredo) e na Coruña.

https://codigocero.com

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *