• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Un artigo feito por Javier Prado, que dende o Facebook do Cadelo Lunático nos informa das novas do Blues do Cadelo Lunático.

Xa era hora! Despois de tanta espera e intriga de todos estos días, aquí tedes: MALOS TEMPOS, o primeiro videosingle do novo traballo de O Cadelo Lunático.

Gracias pola colaboración d@s músic@s, Hugo Ramos, Belém Tajes e Rafael Poncela Castelo que participaron nesta gravación de xeito desinteresado. Mención especial tamén merece Cristina Corral Soilán por facer posible este vídeo.

Xa teño bandcamp! E con ela, unha oportunidade única de escoitar e DESCARGAR DE BALDE a máxima calidade o tema adianto do álbum: MALOS TEMPOS.
Sae con licenza Creative Commons, así que NON PERDADES ESTA OPORTUNIDADE de ter a canción nos vosos ordenadores e reproductores de mp3.
https://ocadelolunatico.bandcamp.com