xesus3

O BOSQUE DE BUÍNA. POR XESÚS RÁBADE PAREDES.

Publicado el 1 agosto, 2018 | Literatura

XESUS

O BOSQUE DE BUÍNA
Hoxe erguinme de mal aire, o que en min non é norma. Lin por enriba a prensa, que mente máis que escribe, e fun mirar se o pai estaba esperto. Choveu de noite a mares e as pedras de Cervantes non dan sumido o río. Será para que a terra non seque nin regañe.
–¿Tomaches a pastilla?
–Non.
–¿Logo a que esperas?
–A que me leve o demo.
Fiz Esperante, o pai, non ben abre as pestanas e se espriguiza un pouco, mama todos os días da botella de ron. Debe ser á saúde do padriño Edelmiro, que morrera na zafra en Santiago de Cuba. Eu dígolle que o ron combina mal coa pasta química da farmacopea pero el non me dá tino e teño decidido non levarlle a contraria. Odia a marca Cacique, que lle recorda dominios seculares, e eu procuro surtilo de Pampero, que o nota máis curtido e máis benigno…
(Inédito)

https://www.facebook.com/xesus.rabadeparedes.7?lst=1253241583%3A100024650451734%3A1533140365

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *