Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Ana Pontón aposta por circunscrición única, voto aos 16, censo electoral como base do reparto de escanos, cambiar o sistema D`Hont polo de Cota Haré, listas cremalleira e debates electorais obrigatorios entre candidatas e candidatos

O BNG considera que Galiza non pode estar ausente no debate da reforma da Lei electoral (LOREG), que ten que ir máis aló dun mero calculo partidista e debe ter por obxectivo corrixir o déficit democrático do sistema actual e o déficit de representación de Galiza.

“Non pode formularse unha reforma en base a un cálculo partidista como fan, nun idilio rechamante, Podemos e Ciudadanos”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, “nese enfoquen coinciden o novo e o vello bipartidismo”. Por contra, a reforma é necesaria porque estamos ante unha lei con graves deficiencias democráticas, obsoleta pasados 40 anos da súa aprobación por un Goberno postfranquista e que da a Galiza menos representación da que lle corresponde en base ao seu censo electoral.

Así, con 2,7 millóns de electores e electoras, Galiza ten 23 representantes no Congreso, mentres que Castela-León, con 2,4 millóns, conta co 31 escanos na Cámara baixa.O BNG volverá dar este debate no Parlamento cunha proposta que inclúe os seguintes cambios.

En primeiro lugar, superar a circunscrición provincial para pasar a unha circunscrición electoral única, reparto de escanos en función do censo electoral o que, a día de hoxe, suporía dous deputados ou deputadas adicionais no Congreso, eliminar as barreiras mínimas para ter representación, substituír o sistema electoral da Lei D`hont polo sistema de Cota Haré de maior proporcionalidade directa, extensión do voto aos 16 anos e lista cremalleira para favorecer a igualdade e a participación das mulleres.

Igualmente, a proposición de lei do Bloque recolle o dereito ao voto dos emigrantes residentes, supresión do correo masivo de papeletas para que podan recollerse só nos colexios electorais, “tanto polo enorme aforro de cartos públicos como por hixiene democrática poñendo fin a determinadas prácticas”, alegou Pontón. A proposta da formación nacionalista tamén inclúe o obrigatoriedade por lei dos debates electorais “porque a cidadanía ten dereito a ver aos candidatos e candidatas debatendo e non escondéndose”, salientou Pontón.

“En definitiva, apostamos porque desde Galiza teñamos unha proposta de reforma electoral que corrixa o déficit de representación do actual sistema, que avance en termos de democracia e de proporcionalidade directa, onde se supere o modelo provincial, que incorpore o voto aos 16 anos, listas en cremalleira para facilitar a igualdade, que permita eliminar gasto superfluo como o que implica o correo masivo, facilitar o debate e a participación directa e democratizar os medios públicos como garantía de que a cidadanía ten acceso a toda a información”, sintetizou Pontón.

Maior representatividade das forzas máis votadas ou favorecer o pluralismo político facendo que os parlamentos se parezan o máis posible ao que vota a cidadanía? Un vello dilema que, a xuízo de Pontón, ten que dirimirse a favor dunha maior pluralidade de voces, porque é un valor, “e non ten sentido que os sistemas electorais pretendan excluír a unha parte dos e das electoras”, concluíu.

COMENTARIOS FACEBOOK.

Juan Manuel Serantes Álvarez
Juan Manuel Serantes Álvarez Si,claro,cuanto más jóvenes mejor manipulables.
Claro que interesa el voto a los 16.Son unos listillos.