• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


O BNG pedirá unha comisión parlamentar de investigación sobre as residencias unha vez recuperada á normalidade, “por respecto ás vítimas e as súas familias”, anunciou a portavoz nacional Ana Pontón. Unha solicitude que se formulará coa finalidade, dixo, de esclarecer que se fixo mal e poder corrixilo, xa que considera evidente que o Goberno galego non soubo anticiparse, “que houbo deixadez” e porque, pese a que a Xunta coñecía as deficiencias existentes en moitos centros privados, “mirou para outro lado durante moito tempo”. Todo iso require esixencia de responsabilidades políticas, concluíu.

A portavoz nacional compareceu en rolda de prensa tras a reunión telemática da Executiva nacional do BNG e volveu reclamar a comparecencia urxente do presidente da Xunta no Parlamento para explicar a xestión do seu Goberno en relación á xestión da crise nas residencias de maiores, nas que se rexistraron 42% dos falecementos pola pandemia.

“Ten secuestrado o Parlamento nun momento en que tiña que estar traballando para sumar ideas, propostas e medidas que axuden a saír da pandemia, e debe comparecer de forma inmediata para dar explicacións en relación a xestión nas residencias, en relación a toma de decisións en materia económica, educativa ou sanitaria, e ten que convocar xa aos partidos políticos da oposición para dar información e para recibir propostas e achegas”, salientou.

A líder do Bloque subliñou que o xefe do Executivo compareceu unha soa vez no Parlamento desde que o pasado 14 de marzo se declarou o estado de alarma, pero leva 15 comparecencias na TVG sumando máis de 700 minutos de emisión en prime time: “non se pode xestionar unha crise desde a televisión”, sintetizou Pontón.

https://www.nosdiario.gal/