Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Oleiros, a 20 de abril de 2017.- Dende o BNG Oleiros queremos denunciar o mal estado no que se atopa o coñecido como Parque dos Patos en Santa Cruz e a incertidume sobre o parque provisional prometido polo concello para o tempo que duren as obras.

Santa Cruz leva anos agardando pola construción dun tanque de tormentas que elimine os verquidos á praia en verán e en tempos de choiva. Este tanque ubicarase no espazo que actualmente ocupa o comunmente chamado parque dos patos.

IMG_20170420_091124

Tras múltiples retrasos, o concello anunciou que o 15 de xaneiro se precintaría o parque para iniciar as obras e comunicouse que se instalaría un parque provisional na contorna. Houbo un novo retraso e o parque non se precintou nin se detectan movimentos para a instalación do parque provisional, que nin sequera ten unha partida específica nos orzamentos municipais para este ano.

Mentras tanto o parque dos patos leva anos deteriorandose día a día mentras agarda ser desmantelado, cun mantemento mínimo e un estado lamentable.

IMG_20170420_090934

Hai anos que non se repoñen aparatos ou que se deixan rotos ou en mal estado, como se pode ver nas seguintes fotografías:

O estado do chan é lamentable. Dende hai ben tempo a pasarela de madeira, ante choiva, xiadas ou outro tipo de humidades, vóltase sumamente esvaradizo producíndose continuas caídas (Fallo recurrente nas estruturas destes tipo que hai polo concello). Ademais os tablóns estanse soltando deixando á vista puntas, achas e outros elementos.

IMG_20170420_090959

Tamén coas choivas xéranse enormes pozas de lama en varios lugares do recinto.

IMG_20170420_091154

Dada a demanda de uso destes espazos solicitamos a axilización na construción do parque provisional e demandamos un mellor mantemento dos espazos públicos mentras estes continúen o seu uso.

IMG_20170420_091248