Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

O metro, de novo en marcha

Get Back, o espectáculo teatral de Camilo Franco e Diego Ameixeiras dirixido por Jorge Coira, segue o seu percorrido polos teatros das grandes cidades galegas con Federico Pérez a bordo. Logo de tres funcións en Compostela a pasada fin de semana a próxima parada será no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o venres e o sábado.

Que farías polo teu mellor amigo?

Amigos ata a morte estará de novo nos teatros e auditorios das principais cidades e vilas do país. David Amor, Ledicia Sola e Xosé A. Touriñán forman o elenco da obra, escrita e dirixida por Javier Veiga.

Pontevedra – 10 de marzo

Ourense – 7 de abril

Lugo – 21 de abril

Vigo – 22 de abril

A Coruña – 30 de abril

Touriñán despídese do Monólogo do Imbécil

Vigo e Vilagarcía acollerán os días 27 e 28, respectivamente, as últimas funcións deste espectáculo de José Luis Prieto, Premio Max de Teatro, que o actor cullerdense levou o pasado ano a máis de dez puntos da nosa xeografía.