Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

@s poetas Silvia Pardo Galdo (As Pontes), Ana Vila Portomeñe (Taboada), María Xosé Lamas (Vilalba), Mar Beres, Pas Veres (Os Vilares), Luz Campello (Labrada), Martiño Maseda (Vilalba), Xelo Teijido (Os Vilares) e Antón de Guizán (Os Vilares) e a cantautora Sandra Tenreiro (Guitiriz) estarán o 16 de setembro no Pazo da Marquesa de San Sadurniño às 18:30 horas nun acto pola igualdade e contra a violéncia de xénero. En próximos dias aportaremos máis información.

Nova Poesía Guitirica NPG

Grupo poético creado o 2 de Outubro no XXV cabodano do pasamento de Xosé María Díaz Castro para promover Guitiriz e parroquias como concello poético. NPG Nova Poesía Guitirica é un grupo de poetas heteroxeneo en estilos pero homoxeneo en obxectivos e compromiso.

https://www.facebook.com/groups/761080667330555/

(Foto portada: Fotografia de @José Luís Teijido (Luís de Fabete) do relóxio da Casa Escola Habaneira de Lanzós (1913).