• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


‘A rebeldía é un ato que provén do amore, do amore aos demais e do amore ás cousas que valen a pena vivir e ata morrer por elas. Por iso resulta moi difícil definir a rebeldía. Sucédelle coma ao amore, que o matamos cando lle poñemos verbas pra chamalo. O amore é indefiníbel e ás veces ata invisíbel; mais existe, claro que existe. E a rebeldía tamén existe de mil maneiras. É moi común escoitar a xente da nosa xeración acusando os mozos de que non teñen nada na testa, de que a política non lles importa, de que non son solidarios. E eu digo, mais bo, por que ises acusadores non comezan por autoacusarse? Que pasa cos partidos políticos, por exemplo, que non son capaces de atraer a ises mozos? Á fin e ao cabo que é o que propoñen aos mozos? Outra vez a obediencia? Que sigan cegamente a unha manchea de persoas que mandan e diciden polos demais? Criminalízase á mocidade, coma se ser nova fose un delito… mais eu creo que hai unha linda enerxía que se manifesta na aparición de novos movementos con vontade de que as cousas troquen. Nótase unha insatisfacción, que me parece moi positiva porque é o sinal de que aínda se pode trocar o mundo”

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo)