Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

ana2 NOVOS TEMPOS CON ANA PONTÓN: QUEREMOS NA GALIZA NEJROS, XITANOS MERCHEROS, GUIRIS… TAN GALEGOS COMA OS QUE NACIMOS NA GALIZA E QUE FAGAN DESTA TERRA A SÚA.

4ª Chanfaina Lab (8). Estrea: venres 30 de marzo do 2018.
Directora: Ana Pontón
Imaxe: Alberte Branco
Colorista: Fernando Alfonsín
Montaxe: Miguel Fernández
Colaboradoras: Lucita PitaSilvia CaffaroAna Lamas, Verónica Castrillón, Icía FernándezBirtukan Lamas.
Sinopse:”Esta peza é o resultado das conversas con cinco mulleres conectadas con San Sadurniño. Conversas nas que as súas vivencias, frustracións e soños tecen unha historia que toma corpo nunha viaxe no FEVE e pretende deixar unha mensaxe de esperanza nun momento de deconstrución da nosa identidade propia e colectiva. O tren de vía estreita é unha personaxe máis e encarna una visión contemplativa da vida, un punto de vista neutro ante o devir dos acontecementos.”
Duración: 6′ 33”
Gravada no tren e na estación de FEVE de San Sadurniño, dentro do programa da 4ª Chanfainalab.

 

Ana Pontón (Chorente, Sarria, 1977) é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre 2000 e 2004 foi membro da Dirección Nacional e da Comisión Permanente de Galiza Nova, sendo secretaria de organización entre 2000 e 2003. É unha gran afeccionada ao cinema. No seu tempo como deputada e portavoz de cultura no Parlamento de Galicia defendeu activa e incansablemente os intereses do audiovisual galego en numerosas ocasións. Portavoz e actual líder Nacional do BNG.

Ana xa participara na 2º Chanfainalab -en calidade de produtora- no filme “Trazos” de Alberte Branco. Daquela experiencia enriquecedora agromou a inquedanza por dirixir unha curta da súa propia autoría que ao cabo puido materializar nesta edición. Ana achegouse a San Sadurniño con dúas teimas de partida: o empoderamento da muller e a reivindicación do trazado do tren FEVE, tan maltratado e abandoado pola Administración nos últimos anos. Para iso seleccionou a cinco mulleres de distintas idades e mesturou os seus testemuños con imaxes dunha viaxe no tren Ferrol-Ribadeo: “A peza non nace a partires dun guión preestablecido. As tres anclaxes do filme son a terra, as mulleres e o tren. Interesábame o proceso creativo de contar unha historia que non seguira un sistema pechado e predefinido por un guión, senón o resultado dunha vivencia e convivencia. Quixen darlle voz e protagonismo ás mulleres de San Sadurniño como acto reivindicativo e empoderamento feminino, visibilizando reflexións e sentimentos que rachan con estereotipos e falsas dicotomías entre rural e urbano”.

“Nós mesmas” xoga coa idea do tren como “metáfora da vida”, como alegoría dun camiño percorrido… pero tamén dun camiño que aínda falta por percorrer; ao tempo, o tren é unha das imaxes máis icónicas no devalar da historia do cinema dende o seu nacemento en 1895. Ana Pontón sae moi airosa e revolve con solvencia o seu primeiro filme como directora: disocia a viaxe e as voces en off de mulleres de idades diversas, dende a máis veterana, Lucita (Naraío 1938), ata a novísima Birtukan (Adís Abeba, 2007), todas elas con orixes e arelas diferentes, aínda que moran e viven nun territorio común. As voces que tecen o argumento, só se presentan como retratos nos últimos intres da curta. O espectador terá que afacer o exercicio mental de asociar as voces e os rostros de cada unha delas. Mais tamén reforza o discurso de que todo podería telo dito calquera muller en calquera lugar de Galicia, porque todas verbalizan experiencias e sentimentos que rachan cos tópicos sobre as mulleres do rural. Como explica a directora: “coas súas vivencias, frustracións e soños pretendo deixar unha mensaxe de esperanza nun momento de deconstrución da nosa identidade propia e colectiva”. Así pois, dispoñámonos a gozar dunha viaxe en tren a través dos ollos da cineasta Ana Pontón e das voces esperanzadas de cinco grandes mulleres que viven no noso Concello. Na Chanfainalab apostámolo todo pola democratización da produción audiovisual, pola capacidade de calquera persoa para escribir ou expresarse a través das imaxes. Sentímonos moi orgullosos e honrados de que unha parlamentaria e líder política de primeiro nivel entendera o espírito da Chanfainalab e aceptara o reto de compartir o seu escaso tempo con cineastas profesionais e afeccionados en San Sadurniño.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón.