Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

A cantante e compositora galego-suíza Nastasia Zürcher segue subindo chanzos e lanza o que agora é o seu segundo disco de estudo, “BEAT” (2017). 10 cancións, 10 xeitos de mover o corpo …
Despois de 2 anos de xira e lanzamento do seu aclamado debut, o seu disco debut titulado “O meu voo” (2015), foi galardoada co Premio Martín Códax da Música (Premios da Música de Galicia) na categoría de “Blues, Funk, Soul” (2016 ) e finalista en 2018 na categoría “World Music”, presenta o seu novo traballo musical composto unha vez máis por temas propios, producidos polo músico-compositor e produtor galego Adrián Saavedra (A Banda da Loba, Abraham Cupeiro, …) . Temas modernos de ondas e descarados grooves, Neo World Soul e R&B contemporáneo nunha produción elegante, grande e coidada sobor a que descansa a xa inconfundibel voz de Nastasia.

Na súa chamada xira de presentación #TheBEATtour, que os leva a tocar en salas e festivais coma o Festival Noroeste Estrella Galicia, o XVII Festival Ribeira Sacra, a Sala Capitol, Radar Estudios e compartindo cartaz con nomes coma Nathy Peluso, Julián Maeso e ELE, a galeguista-suíza premiada tamén nos Países Baixos pola súa canción galega “Espertos” (Festival Internacional Liet 2018) rodéase de músicos de primeira liña pra un directo potente e aplaudido, co que se moven e axita corpos e ialmas.
Con este álbum dinámico e elegante establécese unha carreira baseada no bo traballo e na absoluta liberdade creativa, abrindo a esta completa artista unha proxección nacional e internacional coa que seguir compartindo a súa arte, boas vibracións e xeito persoal de facer sentir a música.

 

https://www.facebook.com/nastasiazurcherofficial 

Nastasia Zürcher – THE BEAT EXPERIENCE (Mini Filme)