Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

isabelrisco.eu

 

Nabiza Girl e o bicho I.

Acabar coa covid-19 é misión para Nabiza Girl. Ela sabe como facelo: non hai bicho que sobreviva á tríada de sulfato de contacto, sistémico e penetrante.

 

Nabiza Girl e o bicho II.

Chelo García Naveira transfórmase en Nabiza Girl e amósanos as vantaxes do seu traxe de superheroína, que a levará voando a Betanzos, A Coruña e Vigo para combater o escornavirus.

 

O retorno de Nabiza Girl – 1 – Os Petróglifos.

Cinco novos episodios protagonizados por Nabiza Girl, unha superheroína galega que chega desde o rural sempre disposta a solucionar os conflitos aló onde for.

 

As aventuras de Nabiza Girl e a ola máxica.

O crime non descansa e ultimamente os marcos teñen máis movemento que bailando reguetón. Está claro que aquí hai unha misión para Nabiza Girl, quen, de paso, tamén terá que ocuparse de defender a esencia do caldo galego. E despois, aínda que o crime non descanse, Nabiza Girl si terá que tomar un respiro nun balneario…

 

 

Nabiza Girl e a antigüidade.

Tras visitar as Superavoas de Yoseba Murazábal e os Hórreos de Parada, Nabiza Girl chega ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, onde participa nun obradoiro de tecido prehistórico, aprende a usar armas neolíticas e percibe a enerxía dos petróglifos.

 

O retorno de Nabiza Girl – 2 – O Mar.

Cinco novos episodios protagonizados por Nabiza Girl, unha superheroína galega que chega desde o rural sempre disposta a solucionar os conflitos aló onde for.

 

O retorno de Nabiza Girl – 3 – O Ribeiro.

Cinco novos episodios protagonizados por Nabiza Girl, unha superheroína galega que chega desde o rural sempre disposta a solucionar os conflitos aló onde for.

 

O retorno de Nabiza Girl – 4 – A Dieta Galega.

Cinco novos episodios protagonizados por Nabiza Girl, unha superheroína galega que chega desde o rural sempre disposta a solucionar os conflitos aló onde for.

 

O retorno de Nabiza Girl – 5 – A Moda.

Cinco novos episodios protagonizados por Nabiza Girl, unha superheroína galega que chega desde o rural sempre disposta a solucionar os conflitos aló onde for.