Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Músicos ao Vivo Coruña. Xuntanza Aberta.
Debate Noroeste.
Centro Cívico Cidade Vella. Rúa Veeduría 2. A Coruña.

  •  
    sábado de 11:00 a 13:00
  •  
    Centro Cívico Cidade Vella. Rúa Veeduría 2. A Coruña.
  • Finalizadas as festas da cidade e o Festival Noroeste dende MAV Coruña seguimos a traballar na mellora das condicións laborais d@s músic@s da cidade e contorna metropolitana. É por isto, que temos a ben invitarvos a esta asemblea na que se debatirán unha serie de puntos referidos ao Noroeste. Este Festival serve de referencia no modo de traballar do concello cos músic@s locais e ademáis sempre suscita un grande interese crítico por parte de toda a comunidade artística da cidade.

    Durante a asemblea falarase de asuntos como a programación, contratación, producción ou realización dos espectáculos. É importante que veñas a dar a túa opinión xa que dela, e a de todos os nosos compañeiros, extraerase o que se fixo ben e non tan ben, de xeito que por medio dun diálogo directo co concello academos un convenio do sector musical benefecioso para tod@s.

    Agardámoste este sábado 10 ás 11:00 no C.C da Cidade Vella.

    Senón podes vir pero queres que a túa opinión quede reflectida podes enviárnola polo facebook ou a través da nosa páxina www.mavcoruña.com